Indra

Indra retira a súa actual proposta de ERTE e rebaixa salarial, como demandaba a CIG por ser "unha fraude de lei"
Abrirá un leito de comunicación para compartir con sindicatos a evolución da empresa e eventualmente adoptar as decisións
Indra, "cuxo principal cliente é o Estado", despide miles de traballadores durante polo menos tres meses
Comisións lémbralle ao Goberno que o 20% da sociedade segue sendo pública. A CIG critica o ERTE a pesar de ter o "80%" do persoal traballando en casa. Indra di que o aplica para manter o emprego a longo prazo.
​A Xunta non planea romper a súa relación con Indra, imputada na trama Púnica

Así llo confirmou o presidente Alberto Núñez Feijóo a Galiciapress, a pesar da imputación da empresa Indra como persoa xurídica dentro da trama Púnica, onde o último auto da Audiencia Nacional imputou tamén ás expresidentas da Comunidad de Madrid, as  populares Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes. Aínda con estas sospeitas, a Xunta de Galicia non valora a posibilidade de paralizar, aínda que sexa de forma cautelar, as colaboracións e contratos millonarios que existen a día de hoxe coa multinacional tecnolóxica. 

Indra, unha das maiores beneficiadas de contratos da Xunta, tamén está imputada na Operación Púnica


As imputacións de Cristina Cifuentes e Esperanza Aguirre son malas noticias para o PP de Galicia. Non só no plano político estatal, polo desgaste que supón que os conservadores volvan aos titulares salpicados de corrupción, tamén no galego. E é que aínda que por agora a Púnica non ten ramificacións coñecidas en Galicia, o certo é que a empresa epicentro da suposta trama corrupta, Indra, leva anos sendo un dos principais provedores de tecnoloxías da Xunta.

A ría de Vigo recibe en probas un dron mariño que pode levar un submarino

A embarcación, deseñada por Indra, está equipada con multitude de sensores e contrólase desde terra.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE