Indra, unha das maiores beneficiadas de contratos da Xunta, tamén está imputada na Operación Púnica
As imputacións de Cristina Cifuentes e Esperanza Aguirre son malas noticias para o PP de Galicia. Non só no plano político estatal, polo desgaste que supón que os conservadores volvan aos titulares salpicados de corrupción, tamén no galego. E é que aínda que por agora a Púnica non ten ramificacións coñecidas en Galicia, o certo é que a empresa epicentro da suposta trama corrupta, Indra, leva anos sendo un dos principais provedores de tecnoloxías da Xunta.
As imputacións de Cristina Cifuentes e Esperanza Aguirre son malas noticias para o PP de Galicia. Non só no plano político estatal, polo desgaste que supón que os conservadores volvan aos titulares salpicados de corrupción, tamén no galego. E é que aínda que por agora a Púnica non ten ramificacións coñecidas en Galicia, o certo é que a empresa epicentro da suposta trama corrupta, Indra, leva anos sendo un dos principais provedores de tecnoloxías da Xunta.
Ademais das expresidentas da Comunidad de Madrid, a Audiencia Nacional imputa a Indra como persoa xurídica. O seu expresidente Javier Monzón tamén terá que acudir a declarar ao xulgado.
Os logotipos da Xunta e Indra xuntos no dron Targus en Rozas (Lugo)
Segundo informe da Garda Civil, Indra axudaría a pagar as facturas electorais de provedores de comunicación e publicidade de o PP a cambio de recibir adxudicacións infladas dun ente público madrileño.
As adxudicacións a Indra son constantes na era Feijóo. Talvez a máis relevante e coñecida é a do aérodromo de Rozas, onde a consultora é unha das principais beneficiadas do gran investimento público neste polo de desenvolvemento de drons civís. Entre outros proxectos, Indra desenvolve alí o “TARGUS”, que presenta como o "o dron civil con maior capacidade de
carga de pago e autonomía". No proxecto de Rozas, a Xunta investiu polo menos 115 millóns de euros, segundo datos da Consellería de Economía e nel colaboran polo menos tres filiais diferentes de Indra. Deses 115 millóns, polo menos 40 proveñen da propia Xunta.
A condición de socio estratéxico da empresa investigada tamén se ve no anuncio de que Indra situou no Gaiás o seu centro "de referencia" en innovación dixital sociosanitaria. O Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras Socio-sanitarias (CETISS) foi inaugurado este verán na Cidade da Cultura coa presenza de Mar Pereira, responsable da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta.
VIRO NA POLÍTICA DE CONTRATACIÓN
Precisamente, é ese ámbito, as tecnoloxías da información, no que máis colaboran Indra e a Xunta. Desde a chegada de Alberto Nuñez Feijóo a San Caetano, o Goberno galego centralizou na AMTEGA gran parte da contratación de proxectos informáticos, en principio para aforrar custos. Grandes consultoras de ámbito estatal foron as principais beneficiadas desta estratexia, entre outras Indra. Estratexia prexudicou o desenvolvemento de empresas TIC galegas máis pequenas.
Por poñer algúns exemplos recentes destes macrocontratos destacados, AMTEGA lle adxudicou no último ano a Indra o soporte técnico dos xulgados galegos o ano pasado por 2,5 millóns, o soporte e novas funcionalidades no ámbito da educación por 1,2 millóns (a través dunha UTE) ou o desarrolo dun dun sistema de información social única electrónia por 2,8 millóns.
A Consellería de Sanidade -que por exemplo lle contratou o desarollo do sistema IANUS por 1,4 millóns- e o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) -que lle acaba de adxudicar o desarrolo do sistema XUMCO por 872.000 euros- son outros dos numerosos organismos da Xunta que apostaron por Indra nos últimos anos.
O que non é de estrañar, dado que é unha das maiores consultoras de tecnoloxías de España, que, de feito, naceu en 1992 pola fusión dun ente público cunha empresa privada. A opinión pública coñécea sobre todo por ser a adxudicataria habitual das webs elecotrales tanto en España como en Galicia, onde montou por exemplo o portal das últimas autonómicas. Indra conserva no seu accionariado unha participación pública, pero minoritaria, en torno ao 20%.
Ningunha das adxudicacións de Indra coa Xunta está baixo sospeita xudicial. Con todo, hai que ter en conta que la CNMC xa lle abriu expediente por presuntamente pactar con outros consultoras prezos para repartirse contratas públicas.
En todo caso, o elevado perfil mediático e político das imputacións de Aguirre e Cifuentes mete ao executivo de Feijóo nun aperto. E é que non só é imputado o ex-director, senón é que é a propia compañía como persoa xurídica a que será investigada como presunta corruptora e financiadora ilegal de campañas do PP.
Escribe o teu comentario