As imputacións de Cristina Cifuentes e Esperanza Aguirre son malas noticias para o PP de Galicia. Non só no plano político estatal, polo desgaste que supón que os conservadores volvan aos titulares salpicados de corrupción, tamén no galego. E é que aínda que por agora a Púnica non ten ramificacións coñecidas en Galicia, o certo é que a empresa epicentro da suposta trama corrupta, Indra, leva anos sendo un dos principais provedores de tecnoloxías da Xunta.