Boeing entra no polo aeroespacial de Rozas creando 58 postos de traballo

Feijóo destaca que o de Boeing e outros dous novos proxectos permiten ao polo aeroespacial "seguir crecendo e consolidándose"

|

O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remarcou o "crecemento e consolidación" do polo aeroespacial de Rozas, en Lugo, coa adxudicación de tres novos proxectos que supoñerán un investimento público-privado de 14 millóns de euros e darán carga de traballo cualificado a 103 persoas.


Feijóo preside o Consello da Xunta
Ao termo da reunión semanal do seu Executivo, concretou que estes tres proxectos súmanse ao seis xa adxudicados o pasado mes de outubro.

No que respecta á primeira adxudicación, subliñou que desenvolverá unha solución para regular o tráfico aéreo e xestionar escenarios singulares onde concorran aeronaves tripuladas e non tripuladas: un reto de futuro que é necesario responder para que a industria dos drons poida despegar todo o seu potencial.

Con este obxectivo, Galicia contará coa participación en Rozas dunha empresa de "referencia internacional", Boeing, que se suma ás dúas que xa están a desenvolver os seus proxectos alí --Indra e Babcock--. Aos 6 millóns da adxudicación, sumou os 4 que Boeing poñerá dos seus propios recursos e que inclúe, por exemplo, un simulador de probas e continxencias.

Só do proxecto de Boeing dependerán 58 postos de traballo de alta cualificación. Todo iso, coa finalidade de impulsar a participación da industria galega neste segmento tecnolóxico e atraer cara á Comunidade grandes actores da seguridade aérea.

OUTRAS DÚAS ADXUDICACIÓNS
En relación á segunda adxudicación, Feijóo explicou que esta se desenvolverá unha solución para "reforzar a seguridade marítima" da frota pesqueira galega e o seguimento e control da súa actividade mediante un sistema de monitoraxe continua.

Cun orzamento de case 1,5 millóns, este proxecto será desenvolto por un consorcio formado pola UTE Imatia Innovación, Cartogalicia e Industria Ferri.

A terceira adxudicación desenvolverá unha solución que permitirá dotar aos organismos da Administración galega responsables do control das distintas masas de auga dun servizo mellorado de mostraxe e recollida de datos baseado nas novas tecnoloxías e no uso de vehículos autónomos aéreos e acuáticos.

Esta iniciativa foi adxudicada por 2,45 millóns a un consorcio formado por tres empresas: Adantia, Indra Sistemas e Sixtema.

Sete de cada dez compañías participantes nestes tres proxectos son pemes galegas e o 57 por cento traballan por primeira vez dentro do polo de Rozas, co que se cumpre o obxectivo de "dar oportunidades" ás pequenas e medianas firmas da comunidade.



Drons no Aeródromo de Rozas, en Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE