40 concellos deberán confinar ás súas galiñas a partir do 10 de novembro pola gripe aviaria

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación decretou a medida ao coñecer o aumento de casos.


|

Gallinas.
Foto: EP

 

As galiñas duns 40 municipios galegos deberán estar confinadas a partir do próximo luns, día 10 de novembro, ante o aumento de risco pola evolución da gripe aviaria, tal e como decretou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
 


O departamento que dirixe Luís Planas publicou este mércores un informe no que sinala que nas últimas semanas produciuse un aumento no número de casos detectados, tanto en aves silvestres como en aves de curral, o que indica unha "tendencia ao empeoramento da situación co conseguinte aumento de risco para España".

Por iso, considera necesario adoptar medidas como a cría de aves de curral ao aire libre, o que implica que nestas localidades galegas, as galiñas deban estar gardadas en espazos pechos. Cando iso non sexa posible, o Ministerio indica que a autoridade competente poderá autorizar o mantemento destas ao aire libre, mediante a colocación de teas pajareras ou calquera outro dispositivo qeu impida a entrada de aves silvestres.

Así mesmo, deberase alimentar ás aves no interior das instalacións ou nun refuxio que impida a chegada de aves silvestres e evite o contacto destas cos alimentos ou a auga destinados ás aves de curral. Tamén se prohibe dar auga a estas especies procedente de depósitos aos que poidan acceder aves silvestres.
 

 

Ademais, entre outras cuestións, prohíbese a utilización de varias especies de paxaros como señuelo, a cría de patos e gansos con outras especies de aves de curral. Tampouco estará permitida a presenza de aves de curral ou outro tipo de aves cativas en certames de gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais.

 

MUNICIPIOS AFECTADOS

As restricións que entrarán en vigor o 10 de novembro afectarán os concellos que se atopan dentro das zonas de especial risco (ZER) e zonas de especial vixilancia (ZEV). Tras a publicación do informe na xornada do mércores, este xoves o Ministerio mantivo unha reunión técnica coa Xunta de Galicia, tal e como confirmou a Consellería do Medio Rural.
 

 


Así, están declarados como zonas de especial risco en Galicia --segundo os datos da Consellería do Medio Rural-- Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa, todos eles na provincia de Pontevedra.

Ademais, son zonas de especial vixilancia Ortigueira, Cariño, Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Dumbría, Mazaricos, Vimianzo, Zas, Ribadeo, Trabada, Vilar de Santos, Sandiás, Porqueira, Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Moaña, Vilaboa, Marín, Vilagarcía de Arousa, Meis, e Poio.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE