Enfermeiras do SERGAS encadean centos de contratos pero Feijóo presume que é un dos servizos con menos precariedade

A pesar dos continuos problemas en Atención Primaria, provocados en boa medida polo elevado número de eventuais, o mandatario galego enarbora o seu "compromiso persoal" tras lembrarlle a oposición que unha enfermeira do SERGAS chegou a encadear 810 contratos temporalesPese aos continuos problemas en Atención Primaria, provocados en boa medida polo elevado número de eventuais, o mandatario galego enarbora o seu "compromiso persoal" tras lembrarlle a oposición que unha enfermeira do SERGAS chegou a encadear 810 contratos temporais


|

A pesar dos continuos problemas en Atención Primaria, provocados en boa medida polo elevado número de eventuais, o mandatario galego enarbora o seu "compromiso persoal" tras lembrarlle a oposición que unha enfermeira do SERGAS chegou a encadear 810 contratos temporais


O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a sanidade pública "non é só un compromiso político" do seu Goberno senón que é para el un "compromiso persoal e defendeu que o Sergas é un dos servizos con "menos eventualidade" de España.


Feijóo reivindica o
"A sanidade pública vai seguir sie
ndo un compromiso permanente desde o punto de vista orzamentario e de prioridades", incidiu o presidente durante a sesión de control do Parlamento de Galicia, na que deu resposta a unha pregunta do portavoz de En Marea, Luís Villares, sobre a eventualidade na sanidade galega.


Despois de que Villares expuxese o caso dunha enfermeira que, segundo indicou, encadeou "810 contratos" no Sergas desde que terminou a carreira hai "11 anos", Feijóo lembrou que a Xunta asinou cos sindicatos un plan de estabilidade que incluía un "compromiso explicito" de reducir a interinidade ao 5%.

"Isto fixémolo e esgotamos o 100% da taxa de reposición. Temos ofertas públicas de emprego pactadas de 5.000 persoas, desde que chegamos á Xunta aprobamos ou executamos 8.850 prazas", manifestou para incidir en que o galego é un dos servizos sanitarios con "menos eventualidade".


Enfermeiras eventuais sergas silleda protesta negro loito enfermeiras oposicións

Miles de opositoras a enfermeiras vestíronse de negro para facer o exame para denunciar a altísima precariedade do SERGAS


"Non só mantemos a estabilidade e é o noso compromiso, senón que a cociente de enfermeiras é superior ao do sistema nacional de saúde. Temos 10.500 profesionais de enfermería e o 88% ten un nomeamento definitivo", subliñou para insistir en que a Xunta "utiliza todos os mecanismos legais para dar a maior estabilidade ao persoal do Sergas".

Enfronte, Villares denunciou que na Atención Primaria galega hai "contratos de luns a venres" para que a Xunta "non pague soldos nin seguridade social as fins de semana". "As 8.000 enfermeiras eventuais que se manifestan porque fan un traballo estrutural quéixanse de vicio?", preguntoulle o portavoz de En Marea.

CRÍTICAS CON REFERENCIAS A PABLO IGLESIAS E LIDIA SENRA
Pola súa banda, o presidente de la Xunta afeoulle a Villares que a política sanitaria das mareas sexa "estar en contra" dos métodos de cribado de cancros xinecolóxico, "cuestionar as vacinas" e concentrar a súa campaña electoral "en contra da doazón de 350 millóns de euros no Servizo Nacional de Saúde para aparellos tecnolóxico".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE