Eixo Atlántico e En Marea reclaman investimentos para a conexión ferroviara con Portugal
Galicia non pode soportar máis tempo infraestruturas ferroviarias obsoletas como a conexión sur de Vigo con Portugal e a terceiromundista liña A Coruña - Ferrol. Nisto coinciden o Eixo Atlántico e En Marea, que se reuniron este venres para reclamar máis investimentos.
Galicia non pode soportar máis tempo infraestruturas ferroviarias obsoletas como a conexión sur de Vigo con Portugal e a terceiromundista liña A Coruña - Ferrol. Nisto coinciden o Eixo Atlántico e En Marea, que se reuniron este venres para reclamar máis investimentos.
Así llo trasladou o secretario do Eixo, Xoán Vázquez Mao, ao portavoz de En Marea, Luís Villares, con quen mantivo unha reunión este venres na sede do Eixo, en Vigo.
Vázquez Mao presentou a Villares o documento trasladado ao Goberno portugués con esas demandas, que foron incluídas no Plan Nacional de Investimentos do Executivo luso, e que reflicten, entre outras actuacións, a conexión da liña do Miño co aeroporto do Porto, unha nova liña ata Vila Nova de Gaia e, no que respecta a Galicia, "rematar obras previstas no período anterior", executar a conexión dos portos galegos, ou modernizar a liña Lugo-A Coruña.
Así mesmo, referiuse a proyectos que dependen "da vontade política", como o saída sur ferroviaria desde Vigo. "Só depende de que o Goberno saque o estudo informativo a exposición pública. Iso non custa diñeiro", incidiu, e engadiu que "é urxente que salga xa, para que poida entrar nos orzamentos de 2020".
O secretario xeral do Eixo aludiu tamén a outras actuacións, como o estudo informativo para as variantes na liña Lugo-Ourense, que permitan completar a electrificación; ou a necesidade de "activar dunha vez" a liña Ferrol-A Coruña.
"COMPROMISO" DE EN MAREA
Pola súa banda, o portavoz de En Marea, Luís Villares, se comprometeu a incluír estas demandas no programa electoral da formación, xa que a súa "función" é trasladar as reclamacións de Galicia "á axenda do Estado".
Así, coincidiu en sinalar que o saída sur de Vigo é "prioritaria", así como a conexión ferroviaria dos portos, a liña Ferrol-A Coruña ou a "vertebración interior" de Galicia a través das infraestruturas.
"Galicia non é o fin de nada, pode ser a porta de entrada a Europa", proclamou, á vez que lembrou que a vertebración territorial é unha ferramenta de fixación de poboación e de creación de emprego e riqueza.
Escribe o teu comentario