Lugo

Santiago e Vigo logran outro Xulgado do Social, pero Lugo queda sen el

Acudir aos xulgados que tratan temas laborais implica unha larguísima espera en cidades como Vigo, Santiago e Lugo; pero como a espera é un pouco menor na capital das murallas, queda sen un novo órgano xudicial

CC.OO: queda embarazada, bótana e ten que levar o despedimento ao TSXG para que o declaren nulo

Local de Dentix en Lugo nunha imaxe de Google Street ViewSegún o relato da central, a empregada estaba contratada en fraude de lei, por ser parte do persoal estrutural da clínica e non era unha eventual, como poñía o seu contrato. CC.OO. di que a sentenza recoñece que a clínica a botou só un mes despues de que a mutua declarase a súa situación de risco polo embarazo.

A Xunta deteriora a Praia dás Catedrais para protexela

A Sociedade Galega de Historia Natural critica que a Xunta perfore as rocas para colocar carteis que advirten de desprendementos.

A neve pon en alerta aos condutores galegos
As nevadas dificultaron a circulación nas estradas de diversos puntos das provincias de Lugo e Ourense durante a madrugada deste sábado. Con todo, só nun deses lugares produciuse un corte.
O presidente do TSXG sobre a sanción a De Lara: "Falamos da responsabilidade do xuíz, que é a mesma sexa home ou muller"

Cadeas, que se xubila o 11 de abril, rexeita que a sanción a De Lara dane á Xustiza. "O que podería danala son espazos de impunidade", di. 

A xuíza de Lara acelera agora, cando pode perder a súa praza, as instrucións da Pokemon e outras causas
A xuíza Pilar de Lara apura as instrucións que de momento continúan ao seu cargo antes de que sexa asine a sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial, pola que perderá o seu destino. En concreto, en macrocausas como a Carioca (sobre redes de prostitución), a Pokémon (sobre corrupción política), o Garañón (sobre urbanismo), ou a Polbo (relacionada coa deputación).
Estes son os posibles compradores de Alcoa, ningún é galego

Os andaluces de Cunext; os comercializadores madrileños de BCT, as multinacionais Liberty House e Aludium e o fondo de investimentos Quantum Capital. Estes son os candidatos que baralla o goberno para a compra dalgunha das plantas de Alcoa. Algo que contradi o indicado en varias ocasións polo presidente dos empresarios da Coruña.

Estes complementos teñen Viagra e non o anuncian, polo que foron retirados

A Operación Pangea XI desenvólvese en varias localidades galegas para sacar do mercado complementos alimenticios que dicían ser naturais cando en realidade tiñan principios activos de medicamentos


Nin sequera o líder da oposición e ex-xuíz critica a sanción unánime a De Lara

As posibilidades do recurso que presentará Pilar de Lara contra a súa inhabilitación por sete meses e un día nace lastrada pola unanimidade alcanzada na Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial. Todos o seu integrantes apoiaron unha sanción especialmente relevante porque, ao ser maior de 7 meses, implica que perdería a súa praza no Xulgado de Instrución número 1 de Lugo e, por tanto, as investigacións sobre importantes políticos e empresarios cambiarían de instrutor.

Sanción contra Pilar de Lara: sete meses suspendida e trasladada a outro destino

Se se confirma a sanción imposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial á titular do Xulgado de instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, ao ser esta superior a seis meses, implica a perda de destino. A sanción débese a unha falta "moi grave de desatención das competencias xudiciais".

Unha década despois Pilar de Lara conclúe a instrución da 'Carioca'

Aos cinco investigados atribúelles agresión ou abuso sexual, suborno, omisión do deber de perseguir delitos, revelación de segredos e falsidade documental.

Galiciasempre, o novo partido do polémico Martínez para seguir os pasos do PNV
Manuel Martínez recoñece que nas xerais votará ao PSOE, partido do que foi expulsado hai un ano tras 40 anos de militancia
O comité de Alcoa reunirase con alcaldes da Mariña e pide ao Goberno que rectifique

A empresa traslada aos empregados o malestar e a preocupación polo estatuto para ao idustria electrointensiva e , aínda que "non puxo o peche encima da mesa", a ameaza "lese entre liñas".

Asalto con pistolas e coitelo contra un empresario ao que deixan malferido


A vítima, propietario de Gasóleos Ceao, logrou escapar a pesar de estar coas mans atadas e agora está no hospital con varias brechas na cabeza 

Alcoa ameaza tamén de marcharse de San Cibrao poñendo en perigo máis de 1.500 empregos

En plena precampaña ás eleccións, a multinacional advirte que ou logra pagar menos pola luz ou pechará parte do complexo do que depende case un terzo da economía da provincia. O Goberno, en funcións, asegura que descoñece a pretensión de marcharse, pero o día 13 hai unha reunión crave entre os sindicatos e a empresa.

(Vídeo) Armados ata os dentes, así entraron os gardas civís nun piso de Lugo para liberar a unha menor que finalmente dixo que non fora secuestrada

A Garda Civil ha difundido o vídeo da "Operación Luluba". Blandiendo armas automáticas e fortemente protexidos, unha ducia de axentes asaltou esta semana un piso na Rúa Amizade de Lugo.

En Lugo haberá polo menos dúas candidaturas competindo no espazo das mareas

Podemos Lugo recoñece que será "complicado" alcanzar un acordo con Lugonovo para unha lista de unidade nas municipais

O exercito intercepta a un condutor ebrio e drogado ao volante dun camión de gran tonelaxe
Efectivos do Exército de Terra da Brigada Lixeira Aerotransportable (Brilat) interceptaron ao condutor dun vehículo articulado de gran tonelaxe que estaba a circular de forma errática pola estrada nacional N-634. As probas que se lle practicaron confirmaron que conducía o camión baixo os efectos de alcol e drogas.
O expresidente do CD Lugo José Bouso salta á política a pesar da polémica por irregularidades financeiras

O seu sucesor na presidencia do club de fútbol, Tino Saqués, dixo atopar irregularidades nas contas da entidade -como pagos sen documentación a directivos- mentres que Bouso, hoxe no PP da Pastoriza, sempre defendeu a súa xestión.

Manifestación en Lugo contra o Tribunal Supremo por atentar "contra a dignidade do conxunto do pobo galego"

O vindeiro mércores 6 de marzo celebrarase na cidade amurallada unha mobilización, onde participarán ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’ e a plataforma ‘Queremos Galego’, para protestar pola sentenia xudicial contra a ordenanza de normalización lingüística.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE