Estes son os posibles compradores de Alcoa, ningún é galego

Os andaluces de Cunext; os comercializadores madrileños de BCT, as multinacionais Liberty House e Aludium e o fondo de investimentos Quantum Capital. Estes son os candidatos que baralla o goberno para a compra dalgunha das plantas de Alcoa. Algo que contradi o indicado en varias ocasións polo presidente dos empresarios da Coruña.


|

Os andaluces de Cunext; os comercializadores madrileños  de BCT, as multinacionais Liberty House e Aludium e o fondo de investimentos Quantum Capital. Estes son os candidatos que baralla o goberno para a compra dalgunha das plantas de Alcoa. Algo que contradi o indicado en varias ocasións polo presidente dos empresarios da Coruña.


Empresario indio britu00e1nico Sanjeev Kumar Gupta wikipedia

O empresario indio-británico Sanjeev Kumar Gupta.  | Wikimedia Creative Commons


Antonio Fontela declarou aos medios que había empresarios galegos interesados na compra das factorías. Con todo, ningunha sociedade galega figura na lista de posibles compradores que adiantou esta fin de semana a cabeceira asturiana La Nueva  España.


O delegado do Goberno en Galicia non quixo onte pronunciarse sobre esta lista de nomes. Agora ben, Javier Losada tampouco a desmentiu.


Só un dos seis candidatos é español.  Cunext  é un grupo de empresas con orixe en Córdoba. Pechou o ano pasado a súa filial en Asturias, Asturcooper despois dun lustro; aínda que mantén aberta unha planta de fabricación de cable en Vitoria. O grupo andaluz ten como matiz Cunext Copper Industries e inclúe Cableados e Extrusiones do Sur (Cablexsur) , Estañados e Arames de Córdoba (Estacor), Transformados Cunext Copper, a zaragozana Ibermetalia Capital e a vitoriana  Transformados Combisa. O seu  cadro de persoal rolda os 250 traballadores.


BCT Metals  non ten por agora intereses na fabricación de metais. Dedícase sobre todo á súa venda, principalmente alumnio, desde o seu central de Madrid.


Quen tampouco ten experiencia directa no sector é Quantum Capital. Trátase dun fondo de investimento alemán que ten accións en varias industrias españolas, pero en ningunha relacionada co metal. O seu nome xa soou hai uns meses, cando o Goberno do PSOE concluíu con éxito a operación para evitar o peche da antiga fábrica de Vestas en León.


ALCOA NON QUERE VENDER A COMPETIDORES

Na lista hai dúas empresas directamente vinculadas ao sector do aluminio: Aludium e Liberty House. Teñen experiencia no sector e, ao ser competidoras directas, poida que Alcoa non acepte venderlles as súas fábricas en ningún caso.  


Aludium, do mesmo xeito que Alcoa, é de capital de Estados Unidos. Xa opera dúas plantas en España, as dúas adquiridas a Alcoa despois de que eles comprásenllas á extinta empresa pública INESPAL, as fábricas de Alacante e Amorrebieta, que fabrica aluminio usando a alúmina que produce Alcoa en San Cibrao.


Liberty House tamén ten o hándicap de ser competencia directa de Alcoa. De feito, esta multinacional é un dos maiores produtores de metais do mundo, cuns 12.000 empregados directos. En Europa mantén a única planta de alúmina que queda no Reino Unido, en Forth William, Escocia; e outra gran instalación en Dunkerke, con 550 empregados. O seu CEO é o empresario indio-británico Sanjeev Kumar Gupta. 





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE