CC.OO: queda embarazada, bótana e ten que levar o despedimento ao TSXG para que o declaren nulo

Local de Dentix en Lugo nunha imaxe de Google Street ViewSegún o relato da central, a empregada estaba contratada en fraude de lei, por ser parte do persoal estrutural da clínica e non era unha eventual, como poñía o seu contrato. CC.OO. di que a sentenza recoñece que a clínica a botou só un mes despues de que a mutua declarase a súa situación de risco polo embarazo.


|

O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG) declara nulo o despedimento dunha traballadora embarazada por parte a clínica Dentix de Lugo, segundo informa CC.OO.


O sindicato destaca que a sentenza obriga a readmitir e pagarlle 6.521 euros de indeminización. O TSXG revoga así outra sentenza previa, do Xulgado do Social número 2 de Lugo.



Dentix lugo

Local de Dentix en Lugo nunha imaxe de Google Street View


Segundo o relato da central, a empregada estaba contratada en fraude de lei, por ser parte do persoal estrutural da clínica e non era unha eventual, como poñía o seu contrato. 


CC.OO. di que a sentenza recoñece que a clínica a botou só un mes despues de que a mutua declarase a súa situación de risco polo embarazo. Previamente, prorrogáralle o contrato e despois do seu despedimento contratou a outras operarias.


Por agora, Dentix non valorou publicamente a sentenza.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE