Galiciasempre, o novo partido do polémico Martínez para seguir os pasos do PNV

Manuel Martínez recoñece que nas xerais votará ao PSOE, partido do que foi expulsado hai un ano tras 40 anos de militancia

|

Quen foi vicepresidente da Deputación de Lugo presenta a súa propia marca e recoñece contactos con outro ex-socialista, Pachi Vázquez


O alcalde de Becerreá (Lugo), o exsocialsita Manuel Martínez, presentou a súa nova marca política, Galiciasempre, coa que se presentará ás próximas eleccións municipais co obxectivo de revalidar a Alcaldía que ostenta do ano 2007 e lograr un asento na Deputación de Lugo, onde chegou a ocupar a Vicepresidencia ata que o seu enfrontamento co presidente provincial, Darío Campos, derivou na súa expulsión do goberno e do propio Partido Socialista.


Martínez



Martínez rexistrou no Ministerio do Interior a súa nova marca electoral, coa que emular "ao PNV", recoller votos a "esquerda e dereita" e deixar ao carón "os extremismos", segundo recoñeceu o deputado non adscrito na Deputación de Lugo.

O rexedor presentou este luns a súa nova marca nunha rolda de prensa na que recoñeceu que nas próximas eleccións xerais votará ao que foi o seu partido durante 40 anos, aínda que tamén aproveitou para lanzar críticas cara ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

ATAQUES A PEDRO SÁNCHEZ
"En principio vou votar (nas xerais do 28 de abril). Probablemente votarei ao Partido Socialista, cun índice de probabilidades do 99 por cento. Para o senado si que non vou votar aos 3 senadores socialistas, só votarei a dous. A Raposo (alcalde de Pedrafita) vou votar", asegurou.

Con todo, Manuel Martínez cargou contra Pedro Sánchez, de quen afirmou que xa "non" cría nel cando aínda era militante no PSOE. "Unha persoa que se lle encheu a boca e predicou que os militantes ían decidir e a mandar, e desde que está de presidente do Goberno e de secretario xeral os militantes están de adorno", apuntou.

RECOÑECE CONTACTOS CON PACHI VÁZQUEZ
Na rolda de prensa, Manuel Martínez recoñeceu que mantivo contactos co exsecretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, que promoveu a creación do partido Espazo Común, que é unha formación "similar" a Galiciasempre.

"Se non tivese cobertura, (Pachi Vázquez) sabe que ten estas siglas á súa disposición, como tamén eu, se non houbese este partido (Galiciasempre), utilizaría Espazo Común", aseverou.

Martínez admitiu que mantivo varias "reunións" con Vázquez --"un par delas"-- e avanzou que "esta semana probablemente" volverán a mentener un encontro. "A disposición uno do outro, somos dous proxectos similares", recoñeceu.

CANDIDATURAS EN VARIOS MUNICIPIOS
Así as cousas, Galiciasempre estuda presentar candidaturas en varios muncipios da provincia de Lugo, incluído o da capital provincial que, segundo avanzou Martínez, contará con "unha muller" como cabeza de lista, aínda que ata que non se peche a candidatura, non se dará a coñecer.

Manuel Martínez indicou que o seu novo partido aspira a lograr "dous ou tres alcaldías" nas próximas municipais, nas que tamén pretende alcanzar un posto na Deputación de Lugo. Para iso, Galiciasempre presentarase nos concellos de Becerreá, Lugo, Sarria e Burela. Tamén baralla facelo no Páramo e Viveiro.

"Este partido o que busca é ser un paraugas onde aquelas persoas que crean que teñen algo que dicir no seu concello, que teñen ilusións ou ganas de cambiar as cousas na súa muncipio póidana utilizar (a nova marca)", aseverou.

"Non vai haber interferencia ningunha de ningún membro do partido. A lista que se faga en cada concello vai ter autonomía absoluta para facer o que queira", puntualizou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE