Manifestación en Lugo contra o Tribunal Supremo por atentar "contra a dignidade do conxunto do pobo galego"

O vindeiro mércores 6 de marzo celebrarase na cidade amurallada unha mobilización, onde participarán ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’ e a plataforma ‘Queremos Galego’, para protestar pola sentenia xudicial contra a ordenanza de normalización lingüística.


|

O vindeiro mércores 6 de marzo celebrarase na cidade amurallada unha mobilización, onde participarán ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’ e a plataforma ‘Queremos Galego’ para protestar pola sentenia xudicial contra a ordenanza de normalización lingüística.


Mesa Lugo 28feb 1 BAIXA


Nunca antes unha proposta aprobada de forma unánime no Concello de Lugo deu tanto de que falar. A ordenanza de normalización lingüística da cidade, aprobada en 2012, segue sendo un motivo de controversia por motivos alleos ao nobre propósito da ordenanza. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anulaba parcialmente a ordenanza, recibiu hai escasos días o apoio do Tribunal Supremo, que desestimou o recurso presentado polo consistorio lucense contra a primeira sentenza.


MANIFESTACIÓN

Neste marco, ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’ e a plataforma cidadá ‘Queremos Galego’, composta por máis de 700 entidades, uniron as súas forzas para facer un chamamento cidadán para realizar unha concentración o mércores 6 de marzo ás 12 horas fronte ao edificio consistorial lugués. Na mesma, ratificada polo propio concello, preténdese visibilizar o malestar da sociedade galega por un atentado “contra a dignidade do conxunto do pobo galego”.


Marcos Maceira, presidente da Mesa, xa lamentou que a sentenza deixaba claro “a visión que teñen de Galicia e o galego”."Que liberdade hai en empregar o galego se as empresas concesionarias da administración non teñen que ofertala? A única liberdade que recoñece o Supremo é a destas empresas para excluír aos falantes de galego de servizos públicos”, lamentou Maceira.


“LIMITES Á OFICIALIDADE DA LINGUA”

Nesa mesma liña manifestouse Mónica Pazos, coordinadora de Queremos Galego, quen criticou que o Supremo “pretende poñer límites á oficialidade da lingua galega e impedir que poida manter calquera situación de igualdade con respecto ao castelán”. “Coa sentenza o Tribunal Supremo e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia renegan de ser de Xustiza”, afirma Pazos.


Queremos Galego entende que a sentenza non fai máis que “establecer uns máximos que o galego non debe traspasar baixo ningún concepto” deixando á lingua nunha “absoluta situación de desprotección”. Por ese motivo, fai un chamamento a defender acordos como a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos ou o Estatuto de Autonomía de Galicia, que amparan aos galego falantes. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE