Lugo

Darío Campos "respectará" a elección de Ferraz para a presidencia da Deputación

O alcalde socialista da Pontenova considera que o principal é terminar coa incerteza e asegura que, pola súa banda, el non será "un problema" para o Partido Socialista.

O BNG estará na vicealcaldía e asumirá mobilidade, infraestruturas, cultura e turismo

O nacionalista Rubén Arroxo será primeiro tenente de alcalde, e farase cargo da vicealcaldía, mobilidade e infraestruturas, co apoio de Alexandre Penas como concelleiro delegado da parte concreta de infraestruturas urbanas. Desta forma, os nacionalistas formarán parte do goberno socialista de Lara Méndez na cidade. 

Álvaro Santos dimite como secretario provincial do PSOE de Lugo pola pelexa na Deputación de Lugo

O desde hoxe exportavoz socialista márchase critica á dirección galega, á que acusa de non querer dialogar, e denuncia o intervencionismo de Gonzalo Caballero na secretaría provincial.

​Lara Méndez retén o bastón de mando para os socialistas

Lara Méndez asinando o acordo co BNG de LugoFinal feliz para o PSdeG de Lara Méndez.

Tanto éxito do Arde Lucus, con 100% de ocupación, que os hostaleiros din ter problemas para atopar empregados
Un ano máis, e xa van 18 edicións, a cidade de Lugo énchese das cores da Roma Imperial e da Galicia dos castros, na festa de exaltación do pasado romano de Lugo, que comezaba este xoves e celébrase ata o domingo.
Aprece en Lugo o mozo desaparecido en Santiago
O mozo de 22 anos de idade Álex Mouzo Díaz, que permanecía desaparecido desde o pasado xoves 30 de maio en Santiago de Compostela, día festivo na capital galega debido ás Festas da Ascensión, foi localizado en Lugo pola Policía Nacional.
Cárcere sen fianza para a nai da nena morta na súa casa en Muimenta
A xuíza do Xulgado Mixto número 1 de Vilalba decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, por un presunto delito de homicidio/asasinato, para a nai da nena de sete anos que foi achada morta no seu domicilio na localidade de Muimenta, en Cospeito (Lugo) o pasado 3 de maio.
Carolina Durante tocarán na Coruña e Santiago durante a súa primeira xira de salas
Tras publicar en abril o seu primeiro disco, Carolina Durante anuncian este martes a súa primeira gran xira por salas, que protagonizarán no outono unha vez terminase o seu extenso periplo por festivais españois durante a primavera e o verán.
Lara Méndez salva o goberno de esquerdas polos pelos

A edil socialista quedou como segunda forza, pero logrou 8 concelleiros que, sumados aos 5 do BNG, posibilitan un goberno de esquerdas na cidade amurallada; PP con 10 e Cidadáns con 2 concelleiros quedaron ás portas de poder formar goberno. 

​Lara Méndez (PSOE): “Queremos que Lugo sexa o Green Vancouver europeo”

Unha cidade que medra a partir da economía verde e do turismo sostible. Lara Méndez (1972) explica nesta entrevista con Galiciapress o seu plan para Lugo para os próximos catro anos. As enquisas sitúana con moitas opcións de liderar un goberno de esquerdas, pero advirte que se as dereitas suman PP e Ciudadanos xa dixeron que non terían problema en pactar cun Vox que rondou o 7% dos votos nas xerais. A política de pactos postelectoral, as medidas a prol da igualdade e as relacións coa Xunta son outros dos temas desta conversa.

Futbolista veterano acepta ano e medio de prisión por agredir a un árbitro

Un xogador de fútbol veterano, (F.C.C.), veciño de Abadín (Lugo), aceptou un ano e medio de prisión por agredir a un árbitro, ao alcanzar conformidade as partes con motivo dun xuízo que se ía a celebrar na Audiencia Provincial de Lugo e que xa quedou visto para sentenza.

Deteñen a un afeccionado nas bancadas do Anxo Carro por abusar dunha nova
Un home foi detido este domingo no estadio Anxo Carro acusado de realizar, supostamente, tocamentos a unha moza durante o transcurso do encontro entre o Club Deportivo Lugo e do Real Club Deportivo da Coruña.
O Caudal Fest de Lugo pon á venda as súas entradas o día 21 e confirma a Carolina Durante, Marea, Xoel López, Beret e Holywater
Izal, Marea, Xoel López, Beret e Holywater son algúns dos artistas confirmados para a segunda edición do festival Caudal Fest, que terá lugar os días 20 e 21 de setembro en Lugo.
A xuíza Pilar de Lara recorre a sanción que a aparta do seu xulgado
O avogado da maxistrada critica que "é unha pena moi desproporcionada para os precedentes que hai"
Lugo espera máis de medio millón de visitantes ao Arde Lucus 2019
A alcaldesa destaca esta festa como "aceno de identidade, de orgullo e posta en valor do patrimonio"
Insuflando vida á montaña de Lugo cunha feira que renace 34 anos despois


Dinamizar a economía na montaña luguesa recuperando unha feira aparcada desde 1985. Este é un dos obxectivos da Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña, prevista para este sábado en San Román de Cervantes.

De Lara acelera as súas investigacións e non recorrerá a súa sanción ata última hora
A xuíza do xulgado de instrución número uno de Lugo, Pilar de Lara, segue apurando as investigacións que leva, entre elas 'macrocausas' como a Carioca ou a Pokémon, para que "os prexuízos sexan os mínimos" no caso de que prospere a sanción exposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial, por dilacións indebidas.
O PSOE gaña na cidade de Lugo, pero necesitaría de pactos para revalidar a alcaldía de repetirse os resultados do #28A

Os resultados da esquerda de Lugo prognostican unhas municipais moi apertadas.

Máis de 100 expositores na XXXIII Feira do Queixo do Cebreiro
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, participaron este venres na XXXIII Feira do Queixo do Cebreiro, coa que colabora o organismo provincial.
"Desmantelamento informativo" en Lugo: peches na Ser e despedimentos no Progreso

O Grupo O Progeso desipidió a semana pasada a 13 traballadores, segundo critica en Colexio de Xornalistas de Galicia. O órgano de respresentación dos informadores galegos alerta do "progresivo desmantelamento informativo na provincia de Lugo".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE