Cárcere sen fianza para a nai da nena morta na súa casa en Muimenta

A xuíza do Xulgado Mixto número 1 de Vilalba decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, por un presunto delito de homicidio/asasinato, para a nai da nena de sete anos que foi achada morta no seu domicilio na localidade de Muimenta, en Cospeito (Lugo) o pasado 3 de maio.

|

A xuíza do Xulgado Mixto número 1 de Vilalba decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, por un presunto delito de homicidio/asasinato, para a nai da nena de sete anos que foi achada morta no seu domicilio na localidade de Muimenta, en Cospeito (Lugo) o pasado 3 de maio.


D70tki WkAAEAFr


Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a xuíza trasladouse este xoves ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo para tomar declaración, en calidade de investigada, á nai da nena.


A comitiva xudicial decidiiu trasladarse ao hospital tendo en conta que a muller non recibiu a alta médica. Con todo, por parte dos facultativos que a tratan no módulo de psiquiatría valorouse que xa estaba en condicións de prestar declaración.


A muller, que estivo acompañada dun avogado nomeado pola investigada, acolleuse ao seu dereito a non prestar declaración.


A xuíza acordou prisión provisional, comunicada e sen fianza, por un presunto delito de homicidio/asasinato, segundo precisaron fontes do TSXG.


De momento, a muller permanecerá ingresada no módulo de custodia do hospital. Unha vez reciba o alta médica será ingresada no centro penal correspondente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE