Lara Méndez salva o goberno de esquerdas polos pelos

|

A edil socialista quedou como segunda forza, pero logrou 8 concelleiros que, sumados aos 5 do BNG, posibilitan un goberno de esquerdas na cidade amurallada; PP con 10 e Cidadáns con 2 concelleiros quedaron ás portas de poder formar goberno. 


Lara mu00e9ndez psoe


En Lugo, co 100% cento escrutado, o partido máis votado nas eleccións municipais é o PPdeG, que gañaría as eleccións con dez concelleiros. Con todo, o PSdeG, que actualmente goberna, conseguiría oito edís e sumaría, cos cinco do BNG --que máis que duplica a súa representación actual--, os necesarios da maioría absoluta. Pola súa banda, Cidadáns conseguiría dous edís.


En Lugo elíxense 25 concelleiros, de forma que a maioría absoluta está en 13 edís.


Os resultados en Lugo, co 100% escrutado, son os seguintes:


RESULTADOS DE LUGO:
*PP 10 
*PSdeG 8 
*BNG 5 
*Cidadáns 2  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress