26m

​Os mellores votos nulos: edición eleccións municipais e europeas

Ademais do sempre curioso anecdotario, as eleccións municipais, europeas e autonómicas deixaron unha boa ladaíña de votos nulos que, xa que non valen para formar goberno, se serven para botar unhas risas. 

Lara Méndez salva o goberno de esquerdas polos pelos

A edil socialista quedou como segunda forza, pero logrou 8 concelleiros que, sumados aos 5 do BNG, posibilitan un goberno de esquerdas na cidade amurallada; PP con 10 e Cidadáns con 2 concelleiros quedaron ás portas de poder formar goberno. 

Inés Rey devolve a alcaldía aos socialistas na Coruña

A avogada socialista quedou a menos de 300 votos de ser a forza máis votada, aínda que cos seus 9 concelleiros son os mesmos que os logrados polo PP de Beatriz Mato, aos que un pacto con Cidadáns, cun concelleiro, non lles serviría para gobernar. Agora, o PSdeG debe chegar a un acordo cos 6 representantes de Marea Atlántica para poder formar un goberno de esquerdas na cidade herculina. 

​Os socialistas conquistan Europa con 20 deputados

O PSOE levou a súa liña ascendente a Europa, logrando 20 representantes no Parlamento Europeo. 

Vigo: Caballero arrasa cos seus 20 concelleiros

Ael Caballero volve impoñerse de forma contundente cunha maioría absoluta en Vigo. O rexedor socialista renova o goberno local pasando de 17 concelleiros a 20.

Pontevedra: o BNG de Lores seguirá gobernando na súa quinta lexislatura

O BNG de Lores volvería gañar as eleccións en Pontevedra, pero perdería un concelleiro de os 12 obtidos en 2015.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE