​Os mellores votos nulos: edición eleccións municipais e europeas

Ademais do sempre curioso anecdotario, as eleccións municipais, europeas e autonómicas deixaron unha boa ladaíña de votos nulos que, xa que non valen para formar goberno, se serven para botar unhas risas. 


|

Ademais do sempre curioso anecdotario, as eleccións municipais, europeas e autonómicas deixaron unha boa ladaíña de votos nulos que, xa que non valen para formar goberno, se serven para botar unhas risas.


Eleccioneseuropeaspapeletasazules



Non todo vai ser votar en serio. Xa o advertimos nas xerais e volveu a pasar. Neste país, no que nos custa tanto tomarnos as cousas en serio, ata unhas eleccións parécenos un bo momento para provocar algunha que outra risa. Os votos nulos e virales volven encher as redes sociais porque, xa que non contan para as mesas electorais, polo menos que conten para gañar algún sorriso…aínda que non sempre a gargallada sexa intencionada.


É o caso deste votante (aventurámonos a pensar que de Madrid) que, aínda que xa levamos un puñadito de eleccións este ano, aínda non ten moi claro como vai isto da democracia. Que se votar ao concello, á autonomía, a Europa…máis dun fíxose unha lea con tanta papeleta e tanto sobre, de modo que optou por votar como se votaba ao delegado de clase: escribíndoo nun papel e listo.



En cambio, outros tiñan o seu voto ben claro para a alcaldía. O problema é que ao chegar ao colexio electoral non atoparon en ningún partido ao candidato que buscaban. Así, Sergio Huerta, unha especie de ‘Pequeno Nicolás’ do fútbol asturiano máis coñecido polo seu polémico currículo que pola súa carreira deportiva, sumou un voto…aínda que o seu admirador non sabía moi ben a que partido ía ir a parar. O que é seguro é que acabou na papeleira de reciclaxe.



Partidos de extrema dereita, de dereitas, de centro dereita, de centro esquerda, de esquerdas, de extrema esquerda, de centro, independentistas, ecoloxistas, marcianos… Tanto partido que promete a Lúa pero ao final esquécense en grao sumo importante: as necesidades da xente. E en Galicia, concretamente en Cangas, parece que teñen moi claras as súas necesidades. Nin Xibraltar español, nin o temido Procés, nin o Brexit…



O que necesita e ansía todo bo cangués é ampliar os seus dominios. Este voto vai para Cangas do Morrazo e a súa colonia de ultramar (tamén chamada Illas Cíes).



Doutra banda, en tempo de eleccións á xente adóitalle saír a súa vea artística. Algún bota a tarde facendo montaxes nuns votos que, igual non merecen ser considerados validos, pero que poderían ter categoría propia na próxima edición dos Premios Óscar.





A outros, en cambio, a inspiración chégalle polas letras. Votar en verso, algo propio de Góngora e Quevedo, pero que aínda se pode ver nalgunhas urnas españolas. Algunhas con máis poesía que outras, iso si.





E por último están os que aproveitan a ocasión para sacar á luz o artista frustrado que todos levamos dentro. A pintura resulta ser a mellor canle para que estes votantes poidan expresar toda a súa emoción ou frustración. Algúns con toques que a todo crítico que se prece lembraranlle a René Magritte e o seu Ceci n'est pas une pipe (Isto non é unha pipa). A arte crítica e socarrón en todo o seu esplendor.




E outros que, cun sentido artístico máis propio das pinturas rupestres, elixen debuxar algo máis mundano. Non temos moi claro que é exactamente o que tentou representar coa súa obra, pero parecen unhas tesoiras, ou un clip, ou unhaaa…




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE