Vigo: Caballero arrasa cos seus 20 concelleiros
Ael Caballero volve impoñerse de forma contundente cunha maioría absoluta en Vigo. O rexedor socialista renova o goberno local pasando de 17 concelleiros a 20.
Abel Caballero volve impoñerse de forma contundente cunha maioría absoluta en Vigo. O rexedor socialista renova o goberno local pasando de 17 concelleiros a 20.
Os vigueses volveron a depositar a súa confianza en Abel Caballero, que volve erixirse como o alcalde con máis poder no seu consistorio das grandes cidades galegas. Co 70% escrutado, os resultados do Ministerio do Interior dan unha folgada vitoria ao PSdeG-PSOE con 20 concelleiros.
Como segunda forza quedaría o PP con 4 concelleiros, seguido de Marea de Vigo, que baixaría de 3 a 2. O BNG volvería ao concello con 1 representante.
Estes resultados permiten un goberno con maioría absoluta para os socialistas, con Abel Caballero renovando mandato na alcaldía.
Escribe o teu comentario