"Medo e chantaxe" na negociación do ERE sobre 72 empregados en GKN Driveline Vigo, denuncia a CUT

O sindicato anuncia a celebración dunha asemblea e unha protesta este 1 de febreiro ás 12:30 en Vigo contra os despedimentos en GKN.


|

G 1PFTUasAA22Q0
GKN Driveline Vigo

 

O conflito en GKN Driveline Vigo, auxiliar da planta do Grupo Stellantis en Balaídos, promete deixar moitos titulares nos próximos meses polo terremoto que o anuncio do ERE na firma provocou non só en Vigo, senón en toda a industria da automoción galega, un dos grandes motores económicos do país. Máis aló dos despedimentos desta empresa que recibiu axudas públicas da Xunta de Galicia nos últimos anos, están os "recortes de dereitos laborais" que agora denuncia a Central Unitaria dúas Traballadores (CUT), onde denuncia que GKN está emplenado "o medo e a chantaxe" como armas na negociación. 

 

 

ERE, CONVENIO, RECORTES...

O Expediente de Regulación de Emprego podería afectar a uns 72 traballadores (ao redor dun de cada dez postos de traballo), segundo lembra o sindicato que fala, á súa vez, de "incumprimento de compromisos asinados" polos acordos alcanzados en 2023, onde se establecía que o volume de traballado marcado pola subministración de transmisións ao grupo VAG garantía unha estabilidade laboral na platanta olívica até, polo menos, 2035. 

 

Ese "proxecto estratéxico", como foi definido, tivo como resultado unha serie de "sacrificios e recortes de dereitos, impostos unilateralmente", segundo testemuña a CUT, escudados nunha maior competitividade. Eses recortes tiveron como efecto a eliminación do dereito a 15 minutos de ducha ao terminar a quenda, un aumento de flexibilidade ou limites nas subidas salariais. 

 

 

"A realidade é incontestable: non existe ningunha produción en serie asociada a ese volume de traballo prometido. O único resultado real dese acordo foi que o persoal perdeu dereitos e empeorou as súas condicións, mentres a empresa incumpre os seus compromisos sen dar explicacións nin asumir responsabilidades", denuncian desde a CUT, que acusa a GKN, sometida un proceso de mediación no AGA tras unha denuncia ante Inspección de Traballo "terminou sen acordo, debido á falta de transparencia da dirección, que se negou sistematicamente a facilitar información clara, verificable e completa sobre o seguimento do acordo e sobre a realidade produtiva da planta", de seguir torpedeando a negociación dun convenio colectivo caducado desde hai xa dous anos. 

 

"Esta negociación está a ser secuestrada pola empresa mediante o anuncio reiterado dun ERE e doutras medidas de presión, forzando unha negociación baixo ameaza que vulnera gravemente o dereito fundamental do persoal á negociación colectiva", censuran desde o sindicato, onde reiteran o emprego do "medo e chantaxe" nunha estratexia que cualifican como "mala fe negociadora" despois da celebración da primeira reunión durante o período de consultas do ERE, que se alargará até finais de febreiro.

 

 

ASEMBLEA E PORTESTA O DOMINGO

Tras esta primeira toma de contacto, a CUT subliña que o sindicato "non vai permitir ningún despedimento traumático, nin aceptar que a crise se resolva á conta do persoal". "A resposta sindical vai ser contundente, organizada e sostida no tempo, tanto no plano sindical como no social e xurídico", avanzan. 

 

Protesta gkn
Imaxe de arquivo dunha protesta ás portas de GKN en novembro de 2024

 

Así as cousas, para este domingo 1 de febreiro hai convocada unha asemblea para os traballadores e unha mobilización ás 12:30 horas que transcorrerá desde a rotonda de San Andrés de Comesaña até a Praza América, reclamando "empelo digno e sen despedimentos", ademais do respecto aos acordos asinados e ao convenio colectivo nun proceso de "transparencia real, negociación sen chantaxes e respecto absoluto ao persoal". 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE