O PSOE gaña na cidade de Lugo, pero necesitaría de pactos para revalidar a alcaldía de repetirse os resultados do #28A
Os resultados da esquerda de Lugo prognostican unhas municipais moi apertadas.
Os resultados da esquerda de Lugo prognostican unhas municipais bastante abertas.
A alcaldesa Lara Méndez celebrando a vitoria electoral do PSOE
O PSOE adiantou ao PP na maioría de cidades galegas, pero os resultados de Lugo, aínda que positivos, auguran unhas eleccións municipais moi competidas entre os partidos de esquerdas e o bloque de dereitas.
Estes resultados electorais da capital lucense obrigan a pensar nos pactos aos que terían que chegar socialistas e as mareas afíns á formación morada para un goberno de esquerdas, xa que entre os dous suman o 46% dos votos. BNG, co 4%, podería ser a chave de goberno.
A dereita, pola súa banda, segue con opcións, aínda que moitas menos. O PP queda como segunda forza, co dobre de votos de Cidadáns, que se aúpa ata a terceira posición, por diante de Podemos. Vox, quinta forza por diante do BNG, tamén podería xogar un papel importante nas próximas eleccións municipais.
Escribe o teu comentario