Tanto éxito do Arde Lucus, con 100% de ocupación, que os hostaleiros din ter problemas para atopar empregados

Un ano máis, e xa van 18 edicións, a cidade de Lugo énchese das cores da Roma Imperial e da Galicia dos castros, na festa de exaltación do pasado romano de Lugo, que comezaba este xoves e celébrase ata o domingo.

|

Ducias de miles de persoas participan na máis popular das festas de recreación histórica de Galicia. Para eles, o concello de Lugo pensou un programa con 400 actividades. O éxito é tal que os hostaleiros din ter problemas para contratar camareiros e cociñeiros.


Un ano máis, e xa van 18 edicións, a cidade de Lugo énchese das cores da Roma Imperial e da Galicia dos castros, na festa de exaltación do pasado romano de Lugo, que comezaba este xoves e celébrase ata o domingo.


Non title
UN PROGRAMA CUNHAS CIFRAS DE VERTIXE

Case 400 actividades, 13 campamentos e 17 asociacións, coroan un Arde Lucus que se abriu co desfile das lexións e a súa entrada a Lucus Agusti desde a ponte romana.

Coa inauguración, a partir das cinco da tarde, do 'Macelum' ou mercado na Praza Maior, dáse o pistoletazo de saída a unha festa considerada de Interese Turístico Nacional e Gallego e que persegue agora o recoñecemento internacional.

MARCA HISTÓRICA
Toda a cidade está envorcada en un Arde Lucus xa de récord, polo menos en canto á hospedaxe e para a hostalería, co cartel de completo para pernoitar na cidade.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, Cheché Real, asegura que se rolda xa "o cento por cento de ocupación hostaleira", aínda que matiza que a ocupación durante o fin desemana "vai depender do tempo, que non faga acto de presenza a choiva" desexa.


Arde lucus 2019



"A festa do Arde Lucus é unha festa ascendente e como nos últimos anos, a implicación da sociedade en canto a caracterización é un dos grandes éxitos desta festa. Sérvenos a nós como forma de promoción non só da cidade senón de toda a provincia", valorou.

Centos de miles de persoas visitarán estes días a cidade, segundo as previsións do concello, o que tamén arrinca grandes "beneficios" na hostalería.

Aínda que Real di que "non" ten "nin idea" do volume de ganancias, si que admite que "é un bo negocio, un bo momento para toda a hostalería".

DIFICULTADES PARA ATOPAR TRABALLADORES
Con todo, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería aproveitou para alertar de que están a ter "problemas" á hora "de coller xente para traballar" non só no seu sector, senón tamén no Arde Lucus".

"Temos un verdadeiro problema. Non atopamos xente nin para cociña, nin para sala, e levamos así varios anos. É un problema que nós o temos que mirar por dentro no sector, pero hai otrosfactores alleos. Isto non só pasa en Lugo senón en Galicia e é un problema que se agrava", avisou.

Finalmente, quixo lanzar unha mensaxe de "agradecemento" do sector da hostalería e hospedería cara á concelleira de Cultura, Carmen Basadre, que deixará o concello de Lugo despois de 20 anos porque foi "a impulsora" deste acontecemento multitudinario.

"Desde a asociación estamos moi agradecidos porque, á parte do beneficio, serve de promoción de Lugo e da súa provincia", explicou Cheché Real.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE