Arde Lucus

Lugo pon data ao Arde Lucus, que se celebrará do 17 ao 20 de xuño pero adaptado á pandemia
A XX edición do Arde Lucus, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, terá lugar do 17 ao 20 de xuño, cunha programación adaptada ás medidas sanitarias que poidan estar en vigor nesas datas.
Vodas celtas con cita previa, desfiles e actos por internet no Arde Lucus 2020
O Arde Lucus, o festival que cada mes de xuño lembra a cultura romana e castrexa na cidade de Lugo, terá desfiles, 'vodas celta' e actos online para "manter viva a chama" do certame ante as restricións obrigadas pola crise do Covid-19.
A festa do 'Arde Lucus' en risco polo coronavirus: "Faltan dous meses e medio e temos que esperar"
A festa lucense do 'Arde Lucus' podería anularse en próximas datas se a situación provocada pola pandemia do coronavirus non mellora. A edición deste ano está programada para a última fin de semana do mes de xuño, os días 26, 27 e 28, pero ao crise sanitaria déixaa no aire.
A festa do Arde Lucus trasládase de data e celebrarase do 25 ao 28 de xuño
A concelleira de Cohesión do Concello de Lugo, Ana González Abelleira, anunciou este mércores, tras a xunta de goberno, que o próximo ano trasládase a celebración do Arde Lucus, festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade, do 25 ao 28 de xuño.
Tanto éxito do Arde Lucus, con 100% de ocupación, que os hostaleiros din ter problemas para atopar empregados
Un ano máis, e xa van 18 edicións, a cidade de Lugo énchese das cores da Roma Imperial e da Galicia dos castros, na festa de exaltación do pasado romano de Lugo, que comezaba este xoves e celébrase ata o domingo.
Lugo espera máis de medio millón de visitantes ao Arde Lucus 2019
A alcaldesa destaca esta festa como "aceno de identidade, de orgullo e posta en valor do patrimonio"
Todo listo para un Arde Lucus repleto de actividades e libre de sexismo

A decimoséptima edición do Arde Lucus, a festa da recreación do pasado romano da cidade amurallada, contará este ano con 350 actividades, durante os días 15, 16 e 17 de xuño.

O Arde Lucus arrinca este venres con máis de 300 actividades

Haberá máis de 300 actividades e participan 44 asociacións vinculadas ao pasado romano da cidade. 

O primeiro Arde Lucus como Festa de Interese Turístico Nacional amplía o seu cartel

Haberá máis de 300 actividades, 40 de nova creación | Contará con un orzamento de 260.000 euros e espera un retorno para a cidade de 12 millóns de euros. 

O Arde Lucus xa é Festa de Interese Turístico Nacional

A alcaldesa veo "un punto importante de proxección" e cre que "así se abre unha xanela de Lugo a España e ao mundo". 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE