Lugo pon data ao Arde Lucus, que se celebrará do 17 ao 20 de xuño pero adaptado á pandemia

A XX edición do Arde Lucus, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, terá lugar do 17 ao 20 de xuño, cunha programación adaptada ás medidas sanitarias que poidan estar en vigor nesas datas.

|

A festa lucense, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, está proxectada para este xuño aínda que cun programa especial. 


Como xa pasou na pasada edición do San Froilán, no goberno lugués priman a seguridade: "A nova edición, na que cumpriremos 20 anos debe ser, ante todo, segura".


Celebracion do Arde Lucus


Festa do Arde Lucus | Foto: EP


A XX edición do Arde Lucus, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, terá lugar do 17 ao 20 de xuño, cunha programación adaptada ás medidas sanitarias que poidan estar en vigor nesas datas.


Así o trasladou a edil de Mocidade, Ana González Abelleira, nunha reunión coas 19 asociacións de recreación histórica da cidade que colaboran coa organización desta celebración.

Conforme explicou o Concello nun comunicado, esta toma de contacto tivo como obxectivo avanzar datas e repensar as programacións, que se adaptarán ás medidas sanitarias que estean en vigor, a expensas de como evolucione a crise da pandemia.

"A nova edición, na que cumpriremos 20 anos debe ser, ante todo, segura", comentou a edil, que sinalou que "o que si chegou para quedar" son as actividades telemáticas.

A este respecto, lembrou que, na última edición, a máis virtual da historia debido á pandemia, conseguiron chegar a máis de 350.000 persoas de todo o continente, con visistas virtuais de países como Reino Unido, Portugal, Estados Unidos, Arxentina, Alemaña, Italia, Francia, Romanía, Colombia ou Brasil, entre outros.

Ademais, os contidos publicados a través destas canles superaron as 135.000 reaccións en redes sociais como en Facebook, Instagram, Twitter e Youtube.

Por último, a concelleira agradeceu a impliación das asociacións ano tras ano para garantir a súa achega na celebración da festa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE