O Arde Lucus xa é Festa de Interese Turístico Nacional

A alcaldesa veo "un punto importante de proxección" e cre que "así se abre unha xanela de Lugo a España e ao mundo". 


|

Ardelucuscartel


O Arde Lucus, que se celebra na cidade de Lugo, foi declarado como Festa de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que se suma á distinción de Interese Turístico Galego.


Así o avanzaron este xoves a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a edil de Cultura, Carmen Basadre. A rexedora recalcou que a distinción chega "pola implicación total e absoluta da cidadanía coa festa", á vez que sinalou que "é un fito conseguir este recoñecemento en tan pouco tempo", xa que o Arde Lucus ten 16 anos de vida.


"Isto significa un punto importante de proxección para a cidade", segundo sostivo a rexedora. "Xa sabemos o que supuxo esta declaración no seu día co San Froilán", abundou.


Lara Méndez considerou que "así se abre unha xanela de Lugo a España e ao mundo". "Do mesmo xeito que cando falamos do patrimonio histórico da nosa cidade, que tamén compartimos con toda a humanidade", explicitou.


A rexedora e a edil de Cultura lembraron que na última edición do Arde Lucus houbo 600.000 visitantes entre os tres días da festa e obtívose un retorno económico directo para a cidade duns 12 millóns de euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE