Vodas celtas con cita previa, desfiles e actos por internet no Arde Lucus 2020
O Arde Lucus, o festival que cada mes de xuño lembra a cultura romana e castrexa na cidade de Lugo, terá desfiles, 'vodas celta' e actos online para "manter viva a chama" do certame ante as restricións obrigadas pola crise do Covid-19.
Nunha rolda de prensa celebrada este venres, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, agradeceu a todas as asociacións "o traballo realizado durante todas as edicións" porque compoñen "a alma do Arde Lucus". Así, dado que este ano o Arde Lucus non poderá celebrarse, afrontan este ano como "a antesala do vixésimo aniversario da festa romana", segundo apuntou a rexedora.
Así, confían en conseguir a consideración como Festa de Interese Turístico Internacional que xa solicitaron formalmente. "Non queriamos deixar de facer algo polo Arde Lucus", comentou a alcaldesa, que quere que Lugo "sexa unha xanela aberta ao exterior para seguir conseguindo ese recoñecemento internacional".
O consistorio lucense pretende que o Arde Lucus "estea presente na cidade a próxima fin de semana" datas elixidas para un festival que a pandemia obrigou a reformular.
A alcaldesa lucense tamén pediu á veciños "implicación" e "que se caractericen e engalanen a cidade". Pola súa banda, a concelleira de mocidade, Ana González Abelleira, destacou que o obxectivo é "manter a maxia" da festa con actos en online e nas rúas, onde se respectarán as medidas de seguridade.
PROGRAMACIÓN
Así, están programadas máis de medio centenar de actividades ao longo da fin de semana que chegarán a "todos" os barrios de Lugo para "sentan os tambores" por toda a cidade.
As vodas celtas manteranse porque a tradición "manda continuar durante sete anos" para que non se efectúen divorcios, segundo explicou Aballeira.
As actividades que requiran a presenza física serán "con cita previa" e con "preferencia para as parellas" que queiran continuar co seu matrimonio celta, afirmou Ana González Abelleira.
"Non haberá grandes masificacións de xente", subliña o goberno local, que insiste en que todas as actividades programadas "serán adaptadas ás normas sanitarias".
Escribe o teu comentario