O Racing de Ferrol sucumbe ante un sólido Huesca e despídese da Copa na Malata

O conxunto departamental caeu con xustiza na súa casa e non pasa de rolda no torneo do K.O.


|

Ntamack huesca
Foto: Racing de Ferrol

 

Breve resultou a andaina do Racing de Ferrol na Copa do Rei. Os pupilos de Pablo López chegaban a esta fase tras superar desde os once metros ao Langreo e o sorteo cruzounos cunha SD Huesca que non atravesa o seu mellor momento, pero que fixo valer o feito de atopar unha división por encima dos ferroláns, que pelexan en Primeira RFEF para regresar á división de prata na que queren permanecer os oscenses, capaces de endosarlle un 0-2 na Malata.

 

UN EQUIPO DE COPA

Tampouco se trata dunha caída traumática para un Racing que saíu ao verde co equipo B. Para proba o arco, defendido por Lucas Díaz, debutante no feudo dos departamentais e deixando no banco a Miquel Parera, titular en liga. Si estiveron habituais como Pujol, Zelaya ou Gorostidi, pero outros como Carballo, Azael ou Dacosta puideron rodar nunha tempada sen moita continuidade. 

 

O Huesca tampouco saíu co once tipo, pero Sielva ou Ntamack marcaron a diferenza, decantando o marcador ao cuarto de hora cunha asistencia do francés para que Anxo Pérez abrise a lata nunha primeira parte sen apenas ocasións. Houbo que esperar ao segundo tempo para que se animase a cousa, cun Racing que buscou o empate pero que levou o mazazo definitivo co 0-2 definitivo de Ntamack, que redondeou a súa noite con gol e asistencia.

 

Ntamack huesca
Foto: SD Huesca

 

Co adeus do Racing de Ferrol, a Galicia quedan xa só catro contendentes en Copa do Rei con sorte dispar. Este mércores 3 de decembro o Ourense CF enfrontarase a un "coco" como o Xirona, mentres que o Pontevedra, matagigantes na anterior edición da Copa, recibirá en Pasarón ao Eibar. O Dépor e o Celta xogarán o xoves 4 de decembro e os dous a domicilio: os branquiazuis no Nova Creu Alta de Sabadell; os celestes en casa do Sant Andreu, un equipo que se atopa na cuarta categoría do fútbol nacional. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE