“Como médico e como paciente, creo que debería aconsellar protección nas aglomeracións”

Fai menos de seis anos que a covid terminou 7 millóns de vidas -cifras oficiais, o exceso de mortaldade roldou os 30 millóns-. Ao resto do mundo, a pandemia, aumque agora non queiramos lembralo, cambiounos a vida para sempre. Tamén a Marta González Cao. Médica , enferma e membro da Asociación Galega de COVID Persistente (ASGACOP), que o peche da única unidade especializada que quedaba, a pesar de que hai miles de afectados. Na súa opinión, nin a administración nin os cidadáns son conscientes do risco real que segue supondo unha enfermidade que, aínda que mata moitísimo menos, deixa secuelas enormes na vida dunha porcentaxe moi relevante dos que se contaxian.


|

O pasado decembro, a última unidade especializada en covid persistente que funcionaba en Galicia baixou a persiana definitivamente. Era a do Complexo Hospitalario de Ourense, que ademais de atender á pacientes da área sanitaria ourensá servía como centro de referencia para toda a comunidade autónoma e orientaba o seguimento do resto de hospitais galegos. O seu peche non foi unha sorpresa para quen levan anos alertando sobre o abandono institucional desta enfermidade, pero si supuxo o último elo dunha cadea de clausuras que deixa a unha estimación de 100.000 afectados en Galicia moi desamparados, sen asistencia específica.

 

La doctora Marta Rodru00edguez Cao
A doutora Marta Rodríguez Cao

 

Marta González Cao, membro da Asociación Galega de COVID Persistente (ASGACOP) e médica de familia  que padece ela mesma a enfermidade, describe a situación sen reviravoltas: "É francamente un drama". 

 

Os pacientes que antes contaban con seguimento multidisciplinar ven agora derivados de especialista en especialista, con listas de espera larguísimas para algunhas probas ou consultas, segundo a área sanitaria. E iso nos xa diagnosticados, porque o número de persoas con síntomas compatibles con long covid que aínda non teñen diagnóstico é, segundo ASGACOP, moi superior ao dos casos rexistrados oficialmente.

 

O peche da unidade especilizada supón unha peregrinaxe interminable ... Hai pacientes que levan máis dun ano esperando por diversas probas 

 

O perfil clínico do covid persistente xustifica a atención especializada. González Cao lembra que a literatura científica recolle máis de 200 síntomas distintos que poden afectar a moitísimos órganos e sistemas. Os máis frecuentes son fatígaa extrema, a dor e inflamación articular e a chamada "néboa mental", que altera a memoria, a atención e a concentración. 

 

Os síntomas  máis frecuentes son fatígaa física, en repouso ou co mínimo exercicio, que obriga que moitos de nós, teñamos que mobilizarnos en cadeiras de rodas ou con muleta, “a habido pacientes que tiveron que aprender novamente a falar ou escribir”

 

A isto súmanse manifestacións respiratorias, neurolóxicas e cardíacas, incluíndo arritmias, mareos, perdas de coñecemento e mesmo infartos, relacionados coa presenza de microcoágulos en sangue documentado na maioría dos enfermos.

 

Esta complexidade clínica contrasta coa resposta do Sergas, que ante as reiteradas queixas de ASGACOP afirmou que os pacientes con covid persistente "están a ser atendidos" nos servizos hospitalarios segundo a patoloxía que presenten. Para a asociación, iso é exactamente o problema: que se trata a cada síntoma por separado, coma se fose unha enfermidade independente, en lugar de abordar a enfermidade crónica sistémica que a comunidade científica recoñece que é. 

 

Ante a falta de resposta da Xunta, a asociación decidiu acudir este mes á Valedora do Pobo para que esta institución medie. O paradoxo, lembra a doutora, é moi rechamante: en 2025, o Ministerio de Sanidade recoñeceu oficialmente o covid persistente como enfermidade crónica e incluíu a súa atención na estratexia nacional. Ese mesmo ano, Galicia pechaba a súa última unidade especializada. "O lóxico sería que ese recoñecemento se traducise en protocolos específicos", argumenta a portavoz, "non no peche dos recursos que existían", antes de lembrar que outras autonomías se dispoñen destes equipos.

Precisamos unidades específicas multidisciplinares, do mesmo xeito que noutras CCAA como Madrid, Barcelona, etc ,  nas que hai un médico de familia ou un internista xeralmente. E ademais, contan con médicos de servizos de rehabilitación, neumólogos, neurólogos, cardiólogos, etc, se non formando parte específica desa unidade, si con interconsultas áxiles

Socias de Asgacop en las oficinas del Valedor do Pobo
Socias de Asgacop nas oficinas do Valedor do Pobo

A asociación propón polo menos unha ou dúas unidades de referencia que cubran a toda a poboación galega, independentemente da área sanitaria de procedencia, xunto con protocolos específicos tanto en atención primaria como hospitalaria, e o impulso da investigación a nivel autonómico.  

 

Un problema engadido é a brecha diagnóstica. Os médicos de atención primaria non teñen, segundo ASGACOP, formación suficiente para identificar e codificar correctamente os casos de covid persistente cos códigos CIE-10, o que impide coñecer a magnitude real do problema, dificulta a investigación e deixa a moitos pacientes sen o recoñecemento oficial que necesitan para acceder a prestacións laborais ou da Seguridade Social.

 

As consecuencias no ámbito laboral son moi diversas pero sempre significativas. Hai pacientes que necesitan oxigenoterapia domiciliaria ou cadeira de rodas e non poden traballar. Outros poderían manter certa actividade con flexibilidade e adaptación dos seus postos. O denominador común é fatígaa , síntoma presente en case todos os afectados, de intensidade variable mesmo ao longo do mesmo día, e que os sistemas de valoración de incapacidade da Seguridade Social deben aprender a avaliar correctamente.

 

A evidencia actual é que aínda existen contagios, e que o que desenvolve a enfermidade, pode desenvolver clínica moi limitante para a vida cotiá 

 

González Cao conclúe cunha mensaxe de saúde pública que debería ter máis peso na conciencia de todos: entre un 5 e un 10% das persoas que contraen covid agudo poden desenvolver covid persistente.  Como os contagios seguen producir, os casos de covid persistente tamén. Moitos son evitables, a prevención individual —especialmente en aglomeracións— segue sendo clave, explica a doutora.. 

 

Eu, na miña experiencia clínica como médico e como paciente, afecto dun cadro neurolóxico, articular, de inflamación-dor e cardíaco en tratamento, considero que a prevención individual é fundamental e que deberían aconsellar a protección en situacións determinadas, (aglomeracións, contactos con persoas non vacinadas...etc) mediante campañas publicitarias recordatorias de tipo poboacional ou individualmente nas consultas médicas.

 

Protesta de ASGACOP frente al Hospital de Ourense
Protesta de ASGACOP fronte ao Hospital de Ourense

O Sergas non respondeu ás peticións de reunión de ASGACOP, que di leva dous anos solicitando.  Tampouco anunciou ningunha medida alternativa ao peche das unidades especializadas.

 

A doutora Rodríguez Cao insiste. O covid presistente non é broma chega cunha sintomatología e limitacións que interferen considerablemente na vida cotiá, familiar, psicosocial e laboral.

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE