Santiago e Vigo logran outro Xulgado do Social, pero Lugo queda sen el

Acudir aos xulgados que tratan temas laborais implica unha larguísima espera en cidades como Vigo, Santiago e Lugo; pero como a espera é un pouco menor na capital das murallas, queda sen un novo órgano xudicial


|

Acudir aos xulgados que tratan temas laborais implica unha larguísima espera en cidades como Vigo, Santiago e Lugo; pero como a espera é un pouco menor na capital das murallas, queda sen un novo órgano xudicial.


O Goberno central aprobou este venres dous reais decretos polos que se crean 75 novas unidades xudiciais e amplíase o persoal do Ministerio Fiscal en 80 novas prazas. Na lista recóllese o impulso a novos xulgados do social nas cidades de Santiago e Vigo pero non en Lugo, como así solicitaron a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como necesidades "prioritarias" do territorio galego.



Prazo de espera xulgado dos social

Citación xudicial cun enorme tempo de espera


A Comisión Mixta conformada polo Goberno galego e o TSXG trasladara o pasado ano ao Ministerio do ramo a súa análise da situación do sector e das accións prioritarias de reforzo que eran necesarias acometer na comunidade autónoma.


EN LUGO HAI UN POUCO MENOS DE SOBRECARGA

No seo desta comisión, os representantes do Superior sinalaron que os xulgados galegos con maior volume de traballo eran o do Social de Vigo, cun 165%; o de Santiago, cun 151%; e o de Lugo, cun 148%. Por este motivo, a Xunta e o TSXG decidiron solicitar un reforzo ao Estado para estas tres cidades, consideradas como "prioritarias".


O pasado mes de febreiro saltou a polémica cando Xustiza autorizou a creación de tres unidades xudiciais para Galicia. A pesar de que si se concedía a petición para Vigo, na listaxe non se atopaban os xulgados do Social de Lugo e Santiago demandados pola comunidade galega.


A decisión iniciou un cruzamento de acusacións e críticas entre a Xunta e o Goberno central, que levou ao delegado do Goberno, Javier Losada, a matizar o anuncio do Ministerio asegurando que habería un xulgado do social en Santiago de Compostela e que se incluiría na proposta definitiva do organismo estatal.


Finalmente, o Consello de Ministros aprobou este venres a creación do Xulgado de primeira instancia nº 14 da Coruña, do Xulgado do social nº 4 de Santiago de Compostela e do Xulgado do social nº 6 de Vigo, aínda que ningún para Lugo.


A cidade beneficiarase, con todo, dunha das 80 prazas coas que se ampliará o persoal orgánico do Ministerio Fiscal, que irá parar á Fiscalía Provincial de Lugo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE