A Mesa pola Normalización, o maior colectivo cultural do país, alerta da precaria situación da lingua propia no sector bancario. Pese recibir enormes cantidades de diñeiro público nos últimos lustros, a maioría dos bancos ignora a lingua cooficial de Galicia. Ademais, entre algúns dos poucos que si a utilizan, como o Sabadell, o galego segue estando marxinado respecto non só o castelán, senón mesmo respecto a linguas foráneas.
Xa se coñecen os nove gañadores das tres categorías do II Concurso de microrrelatos da Real Academia e PuntoGal.
Este ano a tradicional gran manifestación do Día dás Letras Galegas non será en Santiago, senón que estará deslocalizada en 13 localidades.
A Lei obriga á Administración Xeral do Estado con base en Galicia a relacionarse no idioma oficial que o interesado elixa. Con todo, tarefas como presentar a declaración do IRPF ou pedir información telefónica en galego á Axencia Tributaria convértense a miúdo nunha utopía.
"As rúas de Compostela quedaron pequenas para acoller a tanta xente" destaca Queremos Galego para celebrar a marcha do Día das Letras. Denunciar a "pasividade" do Goberno na promoción da lingua e reivindicar poder usar o idioma na vida diaria foron dúas dos fins da mobilización deste ano.
IU subliña que a oficialidade do asturiano é "a única oportunidade" para recuperalo.
O Departamento de Lingua de Santiago presentoulles aos directores as súas actividades de normalización.
A asociación en defensa e promoción do galego anuncia que deixará de tramitar cuestións de lingua con esta institución.
O Concello ofrece por segundo ano un programa que anima aos máis cativos que quedan no mes de agosto na cidade a socializar en galego.
Desde a Mesa indican que 'Galiza' é unha forma lexitimamente galega, e que non pode cualificarse de falta ortográfica.
Un estudo da USC afirma que, "lonxe de homoxeneizar unha lingua dominante", a conexión entre falantes facilita a "coexistencia de ambos os dous idiomas".
En Marea ve "indignante" a resposta e censura tamén que o Goberno programe "19 actividades vinculadas co galego e 67 co catalán".
Pon en marcha un concurso aberto a todos os centros de infantil e primaria con proxectos colectivos.
Mediante a campaña 'Rebélate. Fala Galego', o partido dotará a aqueles que aposten pola lingua de Galicia de "ferramentas" e "apoio".
O obxectivo do programa, ao que poden adherirse familias con nenos de 0 a 6 anos, é "promover e arroupar a crianza en galego".
O ente provincial programa actos en 40 concellos, centrados "nas franxas de idade máis castelanizadas".
Primeiro reclamou no Concello e logo levou o caso á Xustiza, que desestima a súa queixa. Alegaba que o idioma lle provocara "indefensión".