Se preguntas en galego en Banco Sabadell pídenche que escribas en catalán, eúscaro, español, inglés, alemán ou francés; denuncia A Mesa

A Mesa pola Normalización, o maior colectivo cultural do país, alerta da precaria situación da lingua propia no sector bancario. Pese recibir enormes cantidades de diñeiro público nos últimos lustros, a maioría dos bancos ignora a lingua cooficial de Galicia. Ademais, entre algúns dos poucos que si a utilizan, como o Sabadell, o galego segue estando marxinado respecto non só o castelán, senón mesmo respecto a linguas foráneas.

|

A entidade de raíces catalás é das poucas que ten web e caixeiros en galego. Só Caixabank, tamén de orixe catalá, e a filial galega do venezolano Banesco, Abanca, tamén a ofrecen no seu portal e caixeiros. 

Sabadellgallego

Agora ben, segundo A Mesa, Banco Sabadell "responde en inglés a unha consulta presentada en lingua galega, pedindo que sexa remitida en catalán, eúscaro, español, inglés, alemá ou francés". En opinión do colectivo, estamos ante "unha vulneración dos dereitos lingüísticos dun cidadán galego" porque a entidade acepta todas as linguas oficiais en España e mesmo a doutras autonomías, pero non a de Galicia. Sabadell non respondeu por agora publicamente ás críticas da Mesa.

Peor é a situación do idioma propio do país en BBVA, Banco Santander, Banco Pastor, Banco Popular, Bankia, Caixa Rural Zamora, Ibercaja, Targobank e  Banca Caixa Geral. Estas entidades non dispoñen de portal en galego. Caixa Rural Galega ten web en galego pero non así os seus caixeiros.

Os datos proveñen dun documento da Mesa, o  Informe sobre ou uso do galego nas entidades bancarias. O colectivo que preside Marcos Maceira estuda periodicamente o uso do galego nas entidades bancarias. Vista a situación, reclama á Xunta  que tome cartas no asunto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE