Estes son os gañadores do concurso de relatos de puntoGAL e a Real Academia Galega

Xa se coñecen os nove gañadores das tres categorías do II Concurso de microrrelatos da Real Academia e PuntoGal.


|

Xa se coñecen os nove gañadores das tres categorías do II Concurso de microrrelatos da Real Academia e PuntoGal. Os presidentes de ambas as institucións, Víctor F. Freixanes e Manuel González González, entregaron os premios nun evento organizado esta tarde na Coruña


Os microrrelatos gañadores, seleccionados entre preto de 500 propostas, poderán lerse nunha publicación dixital que estará dispoñible, tras a entrega dos premios, nas webs das dúas entidades convocantes.


Entrega premios puntogal



A psicóloga e logopedista Jessica Rodríguez Sánchez, veciña de Visantoña (Mesía) de 35 anos, fíxose co primeiro premio na modalidade de adultos cun relato de 85 palabras titulado “A fiestra”. O mellor texto na modalidade de xuvenil foi para “Cacería nocturna”, de Óscar Fernández Freire, coruñés de 17 anos e alumno de primeiro de bacharelato do Colexio Eirís da Coruña; e o primeiro premio de infantil gañouno Claudia Martínez , alumna de 11 anos de sexto de primaria no CEIP Monte dos Postes de Santiago de Compostela, co relato “O valor dos nomes”.


Na modalidade de adultos, o segundo premio foi para “A primeira palabra”, un texto presentado pola química e divulgadora científica Ángela Arnosa Prieto, veciña de Naraío (San Sadurniño) de 22 anos; e o terceiro foi para “Black Friday”, de Eduardo Cameselle Iglesias, vigués de 75 anos e enxeñeiro técnico xubilado.


Martina Lois Cuns, estudante de bacharelato do Colexio La Salle de Santiago de Compostela, mereceu o segundo premio na modalidade de xuvenil por “Un día máis”; e Cristina Fojo, alumna do Colexio Calasanz Pais Escolapios da Coruña, gañou o terceiro con “O amigo mar”.


O xurado tamén premiou co segundo e o terceiro premio da modalidade de infantil os relatos “A fada  Every”, de Alba Díaz Mera, alumna de sexto de primaria do CEIP Gándara de Narón; e “O can enxesado”, de Pablo Mirás Sánchez, estudante do mesmo curso no CEIP de Rebordáns de Tui.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE