O concello invita os institutos a implicarse no uso do galego

O Departamento de Lingua de Santiago presentoulles aos directores as súas actividades de normalización.


|

Normalizacionsantiago


O Departamento de Lingua do Concello de Santiago reuniuse cos directores dos centros de ensino de secundaria composteláns para presentarlles actividades para fomentar o uso do galego en diferentes ámbitos, tanto no seu uso formal como informal. As propostas que deseñou o Concello van desde accións nas redes sociais a actividades como certames de regueifas e debates sobre a lingua.


Unha das propostas é a participación nunha nova edición do Club de Debate, actividade coa que se pretende incitar o pensamento crítico sobre a realidade da lingua galega. Ademais, búscase a práctica do traballo en equipo e a tolerancia con opinións diverxentes. As inscricións finalizan o 30 de novembro e a final celebrarase na comarca de Ferrol o 5 de maio de 2018.


Haberá tamén talleres de portugués que permitan valorar o galego como parte dun sistema lingüístico universal, ademais de facilitar a lectura en portugués e as correspondencias fonéticas dunha e doutra lingua. Estes talleres impartiranse entre os días 2 de novembro e 15 de decembro, terán unha duración de 100 minutos e serán impartidos nos centros en áreas que conten con proxector.


Tamén se celebrará unha nova edición de Enreguéifate, unha proposta para divulgar o coñecemento da regueifa entre a xente máis nova. Estes talleres de 90 minutos realizaranse no segundo trimestre do curso. Seguiralle un certame de regueifas en vídeo.


Outra actividade que repite é Youtubeiros, para a creación de vídeos na rede sobre opinións ou tutoriais. A particpiación estará aberta do 1 de decembro ao 15 de marzo.


relacionada Galicia logra representación na rede europea de linguas minoritarias
relacionada A Xunta recoñece os "achaques" na transmisión familiar do galego
relacionada Case 1.700 persoas examínanse para obter unha acreditación de lingua galega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE