Unha condutora pontevedresa reclama unha multa por estar en galego


Primeiro reclamou no Concello e logo levou o caso á Xustiza, que desestima a súa queixa. Alegaba que o idioma lle provocara "indefensión".




|

Aparcamientomultaparquimetro


O Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra considera que tramitar unha multa en galego non causa "indefensión" aos cidadáns. Ese foi o argumento esgrimido ante o recurso presentado contra unha muller que, tras aparcar en zona prohibida, foi sancionada con 100 euros. Unha multa que a infractora pretendía que lle retirasen por estar tramitada en galego, entre outros motivos.


A multa impúxoselle en xuño de 2015, segundo reza a sentenza por "estacionamento indebido". A condutora en cuestión recorreu a sanción inicialmente en vía administrativa, pero o Concello desestimou as súas alegacións. Así as cousas, optou por xudicializar o caso.


O Concello de Pontevedra foi informado desta sentenza na xunta de goberno deste luns da que deu conta o portavoz, Raimundo González, quen sinalou que a muller alegaba que os feitos denunciados "non eran certos" e que se vulneraba a presunción de inocencia, o dereito á tutela xudicial efectiva e o principio de responsabilidade.


Ademais, a recorrente aseguraba que non se achegaba a fotografía que acreditase a infracción, que había falta de motivación na resolución ou que había falta de tipicidade nos feitos denunciados. O recurso finalizaba con que a muller sufrira "indefensión" porque a denuncia e o expediente en cuestión se tramitara en galego.


O Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra desestima o recurso da muller sancionada porque considera que ningunha das súas pretensións ten "maior fundamento", confirmando a actuación municipal impugnada. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE