idioma

​"Se as mensaxes de Queremos Galego fosen certas, o galego debería estar nunha situación desastrosa e non o está"

Galiciapress entrevista ao secretario xeral de Política Lingústica na véspera do Día das Letras. Valentín García defende a "normalidade asombrosa" da convivencia co castelán e critica as visións alarmistas e o uso do idioma nas polémicas políticas. Recoñece que cómpre tomar medidas para reverter a perda de falantes entre os mozos. A práctica lingüística de Ciudadanos e as axudas aos medios de comunicación son outros dos temas desta conversa.

​O Día dos Medios en Galego celébrase por primeira vez con afán de "visibilidade"

A data foi escollida por ser o aniversario do primeiro número de 'O Tío Marcos da Portela', a primeira publicación monolingüe en galego.

Gloria Lago emprende outra cruzada polo castelán nas aulas

A súa nova plataforma, Hablamos Español, reúne 30.000 firmas nun día para 'blindar' o castelán nas comunidades con outra lingua propia.

Un libro somete a revisión os últimos estudos da "deriva" recente do galego

Abordan cuestións coma os 'neofalantes', o 'purismo' na defensa do idioma e a influencia do castelán.

As redes sociais móstranse como aliadas das linguas minoritarias

Un estudo da USC afirma que, "lonxe de homoxeneizar unha lingua dominante", a conexión entre falantes facilita a "coexistencia de ambos os dous idiomas".

Casares, contador de historias e incansable defensor da normalización do galego

A traxectoria do autor ao que se lle dedican as Letras Galegas este ano pasa pola poesía, a narrativa, o movemento antifranquista, a política, as institucións e, sobre todo, a defensa do idioma

A Xunta recoñece os "achaques" na transmisión familiar do galego

Política Lingüística defende que non existe conflito en torno ao idioma e quere que multinacionais e empresas de lecer usen a lingua propia de Galicia.

Nove concellos da Coruña suman servizos propios de normalización lingüística

En concreto, trátase dos municipios de Arzúa, Cedeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Sada, Oroso, Rianxo, Coristanco e Cambre.

Álvaro Otero publica a súa novela 'Waelrad' en castelán

O escritor afirma que nunca se chegou a sentir "plenamente identificado" coa versión en galego, que viu a luz hai 22 anos.

Unha condutora pontevedresa reclama unha multa por estar en galego


Primeiro reclamou no Concello e logo levou o caso á Xustiza, que desestima a súa queixa. Alegaba que o idioma lle provocara "indefensión".




Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress