Case un de cada tres galegos menores de 20 ten "dificultades" para falat en galego, lamenta A Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Xunta a impulsar unha política lingüística que "garanta a presenza e posibilidade" do uso do galego en todos os espazos, "garantindo" o coñecemento do galego a través do sistema educativo.

 

 


|

"Case o 30% dos menores de 20 anos que declaren serias dificultades ou imposibilidade de se expresar". Esta preocupante sentenza é a que denuncia A Mesa pola Normalización Lingüística sobre a situación da lingua no país.

 

Nese sentido, reclama á Xunta que se "garanta a presenza" do galego en todos os espazos, á vez que pon en valor as iniciativas cidadás. 

 

Linguagalegaensinanza

 

A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Xunta a impulsar unha política lingüística que "garanta a presenza e posibilidade" do uso do galego en todos os espazos, "garantindo" o coñecemento do galego a través do sistema educativo.

"É especialmente preocupante", advertiu o presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira, que "case o 30% dos menores de 20 anos que declaren serias dificultades ou imposibilidade de se expresar" na lingua propia.

Así, referiuse aos datos do INE publicados en relación ao censo en días pasados. "Estas son as consecuencias dun decreto contra o galego no ensino que só garante o aumento do descoñecemento da lingua do país e dificulta tanto que se manteña no seu uso por parte da mocidade galego falante como as novas incorporacións", denunciou.

A Mesa insistiu en que a situación de emerxencia lingüística que vive o galego é "reversible", a pesar de todos os impedimentos para "empregalo con normalidade" e "a pesar da súa exclusión da maior parte dos espazos da vida social como a educación, lecer, xustiza, administración, actividades económicas, medios de comunicación ou audiovisual", en que a porcentaxe do uso é "ridícula" que nin sequera se corresponde coas estatísticas de uso social.

Maceira advirte de que nesta exclusión "contra a que non actúa a Xunta", non só "non actúa senón que en ocasións parece que a promove", e nela "están as causas da baixada de falantes, especialmente na poboación máis nova".

 

INICIATIVAS CIDADÁS

"A pesar disto, aínda existe unha parte considerable de galegos que fan uso da súa lingua de forma habitual e isto proba a fortaleza do galego", salientou Maceira, quen sinalou que son as iniciativas cidadáns ás que impulsan a presenza do galego, "incluso impóndolle ás propias administracións galega e estatal o cumprimento das súas obrigacións respecto diso".

Maceira concluíu que "a única política lingüística da Xunta é a agresividade e non realizar ningunha acción lexislativa ou política para achegar ao cumprimento" da Carta Europea das Linguas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE