A Deputación da Coruña impulsa a nenos e adolescentes a vivir 'coa lingua fóra'

O ente provincial programa actos en 40 concellos, centrados "nas franxas de idade máis castelanizadas".


|

Deputacioncorunalingua


A Deputación da Coruña programará en 40 municipios da provincia a súa proposta 'Coa lingua fóra' coa que pretende promover o uso do galego na infancia e a adolescencia.


Segundo informou nun comunicado, trátase dunha iniciativa impulsada pola área de Normalización Lingüística para incentivar a utilización do galego "nas franxas de idade máis castelanizadas, segundo os últimos datos sociolingüísticos".


En concreto, sinala que, nela, participarán colexios, bibliotecas e casas de cultura. Nelas, haberá lecturas de contos de Xabier Docampo; Concha Blanco e Xoán Babarro, entre outros, o titulado 'A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo'.


Tamén se programará o espectáculo de clown 'Non sabes quen é' para público adolescente e a cargo da compañía teatral Trasgo Sico. Despois de cada espectáculo, haberá un taller e unha charla co director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Manuel Núñez Singala.

relacionada O Defensor do Pobo lembra á Garda Civil "o seu deber legal" de coñecer o galego
relacionada A Deputación da Coruña difunde a curta 'Corazón amoratado' contra a violencia machista
relacionada A Deputación da Coruña financiará proxectos artísticos que promovan a cidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE