Jaime Fraga é o xefe de Prevención de Condutas Adictivas, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade). Ante a última 'Enquisa sobre Consumo de Drogas en Ensinos Secundarios en España', Jaime Fraga destaca o descenso no consumo de alcol e tabaco, aínda que neste último apartado o cigarro electrónico parece estar a aumentar a súa presenza en substitución do típico paquete. Con todo, o gran problema actual son as pantallas (sobre todo teléfonos móbiles), un elemento cuxo impacto está a xerar problemas de adicción como son os contidos para adultos dentro dos máis novos. As autoridades escolares, sociais e políticas buscan solucións como evitar o uso de pantallas até altas horas da noite, incrementar horarios deportivos e actividades onde os mozos se relacionen máis entre si.
Mario Izcovich é psicanalista e psicólogo. O sábado 4 de maio impartirá unha conferencia nas III Xornadas de Saúde Mental no Concello de Ames. Co título "Construíndo contornas seguras: estratexia para previr e abordar a violencia". Con Mario Izcovich falamos sobre a adolescencia e como evolucionou o tratamento que se lles dispensa aos adolescentes. Tamén falamos sobre o bullying na escola e posibles causas.
O Movemento Galego da Saúde Mental condena duramente a decisión da Consellería de Sanidade de non crear unha unidade específica de atención á saúde mental para infancia e adolescencia no CHUVI
O ente provincial programa actos en 40 concellos, centrados "nas franxas de idade máis castelanizadas".
Así o cren os expertos que este sábado participan na Fundación María José Jove nunha xornada organizada por Asperga.