O mal uso de redes sociais pode agravar o acoso escolar de adolescentes con Asperger

Así o cren os expertos que este sábado participan na Fundación María José Jove nunha xornada organizada por Asperga


|

Aspergerbullyingacosoescolar


O mal uso das redes sociais nunha etapa de "especial vulnerabilidade" como a adolescencia pode agravar as situacións de acoso escolar e illamento social das persoas con síndrome de Asperger.


Así o cren os expertos que este sábado participan na Fundación María José Jove da Coruña nunha xornada organizada por Asperga que, baixo o título "Asperger e adolescencia. Estratexias para adolescentes e familias", pretende abordar aspectos como o bullying, a sexualidade ou o uso das redes sociais nunha etapa "xa de por si complexa para a maioría das persoas, pero aínda máis para aquelas que presentan un trastorno do espectro autista".


Exposta cun enfoque moi práctico, esta actividade congregou a máis de 70 persoas, entre as que se contan mozas con síndrome de Asperger, familias e educadores.


Verónica Santiso, directora de Asperga, incidiu na necesidade de "dotar aos propios adolescentes e aos educadores daquelas estratexias" que lles permitan "abordar os obstáculos desta etapa de maneira satisfactoria".


Entre un 60 e un 90 por cento dos escolares con Asperger sufriu algún tipo de acoso escolar, fundamentalmente entre os 11 e os 14 anos. Isto vese empeorado, apuntan os expertos, pola mala utilización das novas tecnoloxías, que tamén pode contribuír a agravar o illamento social.


SEXUALIDADE


Outro dos temas tratados no transcurso das xornadas foi a sexualidade, da man da sexóloga Emma Placer Noriega, especializada no asesoramento acerca da sexualidade no ámbito da diversidade funcional.


No seu relatorio tratou de fomentar actitudes saudables e desmitificadas sobre a sexualidade nas persoas con diversidade funcional, abordando aspectos tan importantes como as emocións e a afectividade, a promoción da saúde sexual ou a protección dos abusos.


Este relatorio complementouse cun taller práctico, impartido por dúas psicólogas do equipo terapéutico de Asperga, Lucía Menéndez e Rocío Salgado, centrado na afectividade e a sexualidade para mozos e mozas con síndrome de Asperger.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE