​Santiago quere volver ver nenos e nenas xogando na rúa

O Concello ofrece por segundo ano un programa que anima aos máis cativos que quedan no mes de agosto na cidade a socializar en galego.


|

MartaloissocostgMarta Lois e Soco García presentaron esta segunda edición.


O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Lingua, pon en marcha por segundo ano consecutivo o programa A rúa é nosa! Territorio Xogantín. A concelleira Marta Lois foi hoxe a encargada de presentar o proxecto, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada pola técnica do Departamento de Lingua, Soco García.


Marta Lois explicou que A rúa é nosa! Territorio Xogantín nace cun dobre obxectivo: "axudar a que os nenos e nenas socialicen en galego e que a nosa lingua sexa referente no espazo lúdico; e ofrecer unha alternativa de lecer para os nenos e nenas que fican en Compostela no mes de agosto". Ademais, tal e como apuntou a concelleira, "trátase de recuperar a rúa para os nenos e nenas, mostrarlles que poden xogar no espazo público sen instrumentos específicos para iso, tal e como fixeron xeracións anteriores".


Nesa liña, a técnica do Departamento de Lingua, Soco García, apuntou que "a profesión dos nenos e nenas é xogar, pero élles difícil exercela porque os maiores témoslles o tempo moi compartimentado entre a escola e as actividades programadas". Con esta actividade preténdese fomentar o xogo libre e, ao tempo, mostrar que "o galego é útil para que os nenos e nenas se relacionen cos seus iguais, e tamén cos maiores que habitan os espazos nos que xogarán durante o mes de agosto".


SEN INSCRICIÓN PREVIA


A rúa é nosa! Territorio Xogantín desenvolverase do 31 de xullo ao 1 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 6 a 10 anos, e para participar non se require inscrición previa. Tan só é preciso presentarse no punto de encontro, que estará situado na praza 8 de Marzo, e iranse cubrindo as 20 prazas diarias por orde de chegada.


Os nenos e nenas estarán acompañados por monitores de Xandobela, unha empresa local cunha grande experiencia en tempo libre e xogos tradicionais. No caso de chuvia, as actividades desenvolveranse na Zona C de Bonaval. 

relacionada As "sorpresas" de gobernos anteriores cústanlle a Santiago 1,5 millóns este ano
relacionada O proxecto 'A miña cidade intelixente' chega a Santiago de Compostela

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE