As "sorpresas" de gobernos anteriores cústanlle a Santiago 1,5 millóns este ano

Dos 7,5 millóns do superávit do ano pasado, o concello destinará 3,3 a máis de 20 obras na cidade e o rural compostelán.


|

RozasnoriegaMaría Rozas e Martiño Noriega.


A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta hoxe do destino do superávit do exercicio de 2016, que ascende a 7,5 millóns de euros. Deles, 3,3 millóns dedicaranse a máis de 20 obras para o conxunto do municipio.


María Rozas dividiu a contía total en tres tipos de gasto: por unha banda, o pago de sentenzas e convenios de mandatos anteriores; doutra, a amortización anticipada de débeda e, finalmente, as investimentos financeiramente sustentables.


Rozas explicou que do total de 7,5 millóns de euros, destinaranse 1,5 para gastos pendentes do ano anterior, que "é o primeiro destino do superávit que marca a lexislación vixente". Ese total corresponde fundamentalmente "ao pago de sentenzas que chegaron a finais de ano ou outro tipo de acordos administrativos de gobernos anteriores dos que levamos sorpresas e que se suman aos 3,5 millóns de euros xa pagados en sentenzas no 2016".


Así, medio millón de euros corresponde a sentenzas que debe pagar o Concello por decisións tomadas en mandatos anteriores. Esas sentenzas inclúen o pago de 142.000 euros a avogados externos por facturas de 2010 e 2013 "que foron devoltas en 2014"; por unha obra feita en 1998 sen contrato nin informes previos e por xuros de demora do xustiprezo de FINSA. Outro medio millón de euros aos xuros derivados da sentenza chegada o ano pasado polo parque comarcal de bombeiros en relación a unha factura non pagada do ano 2009. "Como sabedes, xa o ano pasado tivemos que habilitar un millón de euros pola factura destas obras e agora temos que aboar os xuros", lembrou María Rozas.


OBRAS NO MUNICIPIO


María Rozas explicou que este ano se destinarán 3,3 millóns de euros a acometer pequenas obras na cidade e no rural, os denominados investimentos financeiramente sustentables. Trátase de máis de 20 obras que responden a demandas veciñais, acordos plenarios e promesas co BNG e PSOE durante a negociación orzamentaria "e que aseguramos que incorporaríamos como remanentes".


Realizaranse obras de mellora en varios centros socioculturais do rural como Grixoa, Bornais ou A Peregrina; obras de accesibilidade solicitadas pola veciñanza das rúas Santas Mariñas e A Estrada; obras de reparación de viarios en todo o municipio; obras de accesibilidade no polideportivo de Santa Isabel; melloras no Campus Sur ou a creación dun parque de skate na cidade.


A maiores, o montante restante, "como cumprimento da lei de estabilidade financeira, destinarase a amortizar débeda de forma anticipada". En total son 2,6 millóns de euros que permitirán continuar saneando as contas públicas ata situar a débeda en 30 millóns de euros, 12 menos que hai dous anos. 


relacionada O proxecto 'A miña cidade intelixente' chega a Santiago de Compostela
relacionada Santiago incorporará cláusulas sociais en todos os contratos públicos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE