Santiago incorporará cláusulas sociais en todos os contratos públicos

O concello esixirá con esta medida melloras desde o punto de vista laboral e en favor de persoas en risco de exclusión.


|

MariarozasstgMaría Rozas, edil compostelá.

A concelleira de Economía e Facenda de Santiago, María Rozas, presentou esta mañá a proposta do goberno para a incorporación de cláusulas sociais en todos os contratos. O Executivo local persegue conseguir con esta medida "unha contratación máis responsable e sustentable", avanzou a concelleira.


O obxectivo é obrigar ás empresas a que incorporen melloras desde o punto de vista laboral. A súa intención pasa por lograr a inclusión de persoas en risco de exclusión social ou laboral, fomentar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, a inclusión de persoas con diversidade funcional, a promoción da calidade e a estabilidade no emprego, a conciliación da vida familiar e laboral ou a promoción da economía social e as Pemes.


Este tipo de cláusulas xa se empezaron a incorporar a algúns contratos desde abril, pero a partir de agora esténdense a todos. Tal e como destacou María Rozas, "deberase incluír como mínimo unha cláusula social das que aparecen catalogadas fronte ao criterio único habitual do prezo no proceso de adxudicación".


No catálogo de cláusulas sociais inclúense: a adopción de medidas de conciliación da vida persoal e laboral, medidas específicas en materia de igualdade, a subcontratación de -polo menos- o 15% do contrato a empresas de Servizos de Interese Económico Xeneral, a contratación dun mínimo do 5% de persoas desempregadas, que o número de novos contratos indefinidos chegue ao 30% e que se incorporen melloras na formación do persoal.


A maiores poderase valorar tamén cunha maior puntuación no proceso de contratación aquelas propostas que convirtan empregos temporais a indefinidos ou que melloren os salarios dos traballadores. Este acordo terá un período de adaptación de 3 ou 4 meses para non interferir nos pregos de contratos que xa están en tramitación ou elaborados. 

relacionada Santiago incrementa en 7.000 euros as subvencións en materia de igualdade
relacionada Os orzamentos participativos de Santiago reciben case 300 propostas válidas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE