Santiago incrementa en 7.000 euros as subvencións en materia de igualdade

A partida pasa dos 20.000 aos 27.000 euros e poden optar todas as asociacións da cidade que realicen accións neste sentido.


|

Martaloismariajesustaboada


A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago, Marta Lois, presentou este luns as bases das subvencións municipais en materia de igualdade, nas que destaca un aumento de 7.000 euros na contía destinada respecto ao ano pasado.


Así, a partida ás subvencións de igualdade pasou dos 20.000 aos 27.000 euros. Ademais, por segundo ano consecutivo, poden optar á axuda todas as asociacións compostelás, "non só as de mulleres", como parte destas "políticas transversais", aclarou Marta Lois.


Cada asociación pode optar a unha contía máxima de 3.000 euros e pode ser subvencionado o total da actividade que se realice. As axudas abarcan, ademáis, as accións realizadas polo colectivos desd o día un de xaneiro ata o 30 de novembro deste ano.


As liñas de acción que perseguen estas axudas son "empoderar o movemento asociativo no ámbito dos dereitos das mulleres e do colectivo LGTBI, fomentar a igualdade e previr o problema social da violencia machista no municipio", segundo sinalou a concelleira.

relacionada Reclaman que a Fiscalía tome "medidas contundetes" polo artigo homófobo
relacionada Crece a conciencia social sobre a desigualdade das mulleres nas institucións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE