Reclaman que a Fiscalía tome "medidas contundetes" polo artigo homófobo

|

Lgtbihomofobia


As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) pediron ao Ministerio Público "medidas contundentes" en contra dos "ataques homófobos" publicados no xornal 'Mariñán', da Asociación de Empresarios de Sada.


Para o secretario xeral de XSG, Aitor Bouza, "unha sociedade decente non pode tolerar ningún ataque aos dereitos fundamentais e á igualdade entre as persoas". "Por iso, esiximos a todos os poderes públicos que non só condenen estes actos, senón que os combantan".


Ademais, reclama "a aplicación inmediata da Lei Galega contra a Homofobia de 2014". Dela, asegura que quedou gardada "nun caixón" desde a súa aprobación. "Hoxe máis que nunca esiximos de inmediato o cumprimento e o desenvolvemento efectivo do capítulo que recolle medidas no ámbito laboral".


Tamén sostén que artigos deste tipo evidencian que queda "moito por facer", engaden sobre unha publicación que suscitou tamén numerosas reaccións nas redes sociais.


Tamén a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (A.L.A.S.) pediu á Fiscalía que emprenda accións polo artigo. Con iso, súmase ás demandas realizadas polo colectivo LGTBI do PSOE coruñés que anunciou que solicitará ao Ministerio Público e á Valedora do Pobo que emprendan "as medidas oportunas".

relacionada Un artigo dos empresarios de Sada equipara homosexualidade e incesto

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress