A pesar da chegada de medios estatais, as brigadas aínda non foron capaces de apagar os dous incendios que afectan a este espazo proteguido. O lume xa queimou máis de 110 hectáreas.
A CIG presentou unha denuncia ante Inspección de Traballo contra a Consellería de Medio Ambiente polo que considera "falta de seguridade" e "incumprimentos en materia de saúde laboral". Entre outras carencias, os axentes forestais carecen de teléfonos móbiles con cobertura.
Mahou San Miguel e WWF, organización que traballa desde hai máis de 50 anos na conservación da natureza, puxeron en marcha unha campaña de sensibilización para a prevención contra os incendios forestais en Galicia.
A asociación ecoloxista Arco Iris alerta que a Xunta de Galicia mantén sen servizo a base de Queixeiro, situada á beira do parque natural das Fragas do Eume. Así o fixeron nun comunicado, onde recalcan o "gave risco de que se produza un incendio de efectos devastadores como o de abril de 2012, que estivo a piques de acabar coa Reserva Natural". O Goberno non respondeu por agora a esta protesta, referendada con fotografías.
Tras meses de advertencias e anos de reivindicacións, os axentes forestais e ambientais da Xunta de Galicia dan un paso ao fronte. Se non hai acordo, a partir do 1 de agosto folga indefinida. Unha pataca moi quente para o Goberno, pois moitos deles son os que dirixen a extinción dos incendios forestais.
As vagas de incendios arrasan todos os anos Galicia e o norte de Portugal debido á mesma razón de fondo: o abandono das aldeas. Esta é unha das conclusións alcanzadas hoxe en Braga durante a Conferencia “Segurança Transfronteiriça. Ligações norte de Portugal-Galiza” na que participaron algúns dos maiores expertos de ambos os lados da fronteira.
Este domingo, 22 de abril, unha das organizacións de comunidades de montes que hai en Galicia, a ORGACCMM, convoca unha manifestación para reclamar unha nova política forestal. Chega nun momento clave. A Xunta está a tramitar o novo plan forestal que, a pesar de recoñecer que o eucalipto é un dos factores detrás dos continuos incendios, prevé polo menos ata 25.000 hectáreas máis desta especie e como máximo 50.000 hectáreas máis.
A Xunta leva décadas mirando para outro lado fronte ás plantacións ilegais. A Lei prohibe, por exemplo, as árbores ao borde da estrada. Agora Medio Rural parece disposta a facer cumprir a lei, tras as mortes na vaga de incendios deste inverno. Primeiro haberá carteis e, en último termo, sancións.
Nin as tramas incendiarias nas que se refuxiou a Xunta nin os intereses inmobiliarios dos que falan moitos ecoloxistas. Para a Fiscalía de Galicia, os que queiman o monte teñen razóns moito máis prosaicas.
A falta de vexetación por mor dos incendios deste outono, o mal tempo e as dificultades de levar material á zona da vía cortada en Arbo. Estas son as razóns esgrimidas por ADIF para xustificar a lenta reparación, que obriga a levar aos pasaxeiros en autobuses e taxis entre Vigo e Ourense.
A reforestación, que comezou o pasado 15 de febreiro no Concello de Vilaboa (Pontevedra), promove a plantación de máis de 2.000 novos carballos e castaños para crear unha devasa natural de especies autóctonas.
Na 'zona cero' dos incendios de outubro téñense que retirar decenas de tellados que conteñen amianto.
UGT alerta de que están "baixo mínimos" e reivindica que "sería necesario todo o persoal antiincendios" en vista do bo tempo.
Outro incendo que afectou a cinco hectáreas de monte raso no parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, en Lobios, quedou extinguido.
No conxunto de España, durante este primeiro mes producíronse 771 lumes, máis do dobre que a media do decenio.
A reincorporación destes 621 brigadistas xa foi trasladada aos seus representantes sindicais | Estes bombeiros forestais permanecen activos durante un período de nove meses.