Os incendios, un dos factores polos que non hai tren Vigo-Ourense

A falta de vexetación por mor dos incendios deste outono, o mal tempo e as dificultades de levar material á zona da vía cortada en Arbo. Estas son as razóns esgrimidas por ADIF para xustificar a lenta reparación, que obriga a levar aos pasaxeiros en autobuses e taxis entre Vigo e Ourense.


|

A falta de vexetación por mor dos incendios deste outono, o mal tempo e as dificultades de levar material á zona da vía cortada en Arbo. Estas son as razóns esgrimidas por ADIF para xustificar a lenta reparación, que obriga a levar aos pasaxeiros en autobuses e taxis entre Vigo e Ourense.


Adif continúa cos traballos para o restablecemento do servicio ferroviario entre Ourense e Vigo, interrompido desde o pasado luns por mor dunha deformación da vía entre Arbo e Frieira --na provincia de Pontevedra--, motivada polo temporal de fortes ventos e choivas.



Adifcartel


Segundo informou Adif, desde os primeiros momentos, o persoal de mantemento da infraestrutura "realizou estudos topográficos e xeolóxicos co fin de chegar á mellor solución para resolver a incidencia".


Deste xeito decidiuse "acometer a execución dun muro-dique, formado por bloques de granito, que permita a reconstrución paralela do terraplén afectado", concreta Adif.


"A pesar de que o persoal de Adif traballa as 24 horas do día para que poida restablecerse canto antes o servizo ferroviario neste tramo, os traballos son complicados porque o traslado da maquinaria e os materiais ata o lugar da incidencia débense efectuar pola propia vía férrea, desde unha zona de provisión de materiais situada a 3 quilómetros, sen posibilidade de acceder por outro medio ou zona máis próxima", explica.


Unha vez reconstruído o terraplén afectado realizaranse as labores de restablecemento da xeometría da vía. Así, Adif estima que os traballos de reparación "poderían prolongarse ata finais da próxima semana, en virtude das condicións climatolóxicas, que seguen sendo adversas, e as dificultades da zona que retardan as tarefas de reparación", puntualiza.


A incidencia produciuse polas fortes choivas que provocaron unha focha dunha lonxitude aproximada de 30 metros ao longo do trazado ferroviario. "O dano viuse agravado ao producirse nunha zona sen vexetación, afectada por incendios, que aumentou o efecto de escorrentía das augas", concretou.


Por iso, Renfe estableceu un Plan Alternativo de Transporte para os trens afectados pola incidencia. Por este motivo, algúns realizarán parte do seu percorrido por estrada e, noutros casos, poden ver modificado o seu itinerario.

relacionada Sen tren entre Ourense e Vigo durante dez días

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE