Sen tren entre Ourense e Vigo durante dez días

O tráfico ferroviario entre Ourense e Vigo atópase interrompido desde a mañá deste luns por unha incidencia na liña ferroviaria no tramo Arbo-Frieira (Pontevedra), ocasionada polo temporal de choivas rexistrado nos últimos días.

|


Dez días levaralle ADIF liquidar un problema causado pola lluvía nas vías na zona de Arbo. Di que é moi complicado levar a maquinaria necesaria ata a zona de reparación.



Renfelogo


O tráfico ferroviario entre Ourense e Vigo atópase interrompido desde a mañá deste luns por unha incidencia na liña ferroviaria no tramo Arbo-Frieira (Pontevedra), ocasionada polo temporal de choivas rexistrado nos últimos días.


Así o comunicou Adif, que concretou que o tráfico ferroviario desta liña --de vía única-- está cortado desde as 11,30 horas do luns, ao producirse un focha nunha zona de terraplén e deformarse a vía.


Os servizos de mantemento de infraestrutura de Adif traballan xa para "restablecer canto antes o servizo con plenas garantías de seguridade", aínda que estima que os traballos se prolongarán uns 10 días, xa que "é moi complicado o acceso da maquinaria á zona da incidencia".


Ante estas circunstancias, Renfe estableceu un plan alternativo de transporte para os trens afectados, a través de transbordos ou traslados totais ou parciais por estrada. A información sobre os cambios no servizo pódese consultar na páxina web de Renfe, a través da sección de 'Avisos'.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE