Non hai condutores para as motobombas no servizo de extinción en Lugo
UGT alerta de que están "baixo mínimos" e reivindica que "sería necesario todo o persoal antiincendios" en vista do bo tempo.
O delegado de UGT de persoal laboral do servizo de defensa contra incendios de Lugo, José Manuel Pérez, alertou este martes de que "non hai condutores para as motobombas".
Coa vista posta no bo tempo que acompaña esta semana Santa, Pérez subliñou que "sería preciso todo o persoal". "Como mínimo o persoal de verán das campañas de alto risco que debería de estar a traballar nesta época en traballos de prevención e de extinción", considerou. "Vista a climatoloxía é imprevisible as épocas dos incendios", segundo avisa.
En canto aos medios materiais, constatou que teñen "os propios do servizo, as motobombas están pero non hai condutores para elas". "As cuadrillas non temos ningún tipo de medios máis que o físico", lamentou.
José Manuel Pérez puxo de manifesto que en Lugo cobren "quendas moi xustas, hai baixas sen cubrir e xente de vacacións". "Polo que estamos baixo mínimos", concretou.
Respecto diso, reclamou "unha ampliación de medios" materiais e humanos e empraza a que se despregue o mesmo número de efectivos, ao redor de 7.000, das campañas de alto de risco do verán.
"Se tivésemos un persoal amplo dentro dos servizos poderíanse facer moitos traballos de prevención e tamén de extinción", resolveu o delegado de UGT do servizo contra incendios de Lugo.
Escribe o teu comentario