O PP rexeita ampliar os contratos de tres a nove meses aos traballadores antiincendios

Argumentan que "non están en situación de precariedade laboral" mentres a oposición replica que estes contratos desprotéxenos socialmente. 


|

Portodosonincendioforestalbombeiros


O deputado do PPdeG José González Vázquez asegura que os traballadores do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta "non se atopan en situacións de precariedade laboral", ante as críticas de Paula Quinteiro (En Marea) á situación que atravesan os 436 traballadores contra o lume que só traballan tres meses durante o verán.


Este mércores o PPdeG rexeitou unha iniciativa de En Marea -apoiada polo resto da oposición-- que, entre outras cuestións, solicitaba a ampliación dos contratos destes traballadores de tres a nove meses.


Así, Quinteiro denunciou que traballadores que só traballan tres meses ao ano levan "demasiados anos padecendo" unha "vida laboral atravesada pola precariedade", na que están "desprotexidas".


Neste sentido, expón que estes 436 empregados só teñen dereito a un subsidio non contributivo de 426 euros durante tres meses tras traballar seis meses, é dicir dúas campañas. Por iso, os seus ingresos entre salario e subsidio de desemprego no caso de que exista é de 6.500 euros ao ano, por baixo do mínimo interprofesional.


Ademais, Quinteiro censura que non se lles permite acceder a outras prazas vacantes e non vacantes durante os meses que non traballan sen penalización. Non poden cubrir baixas por enfermidade ou xubilacións nin acceder a prazas en calquera outro corpo da administración da Xunta.


REXEITO DO PP


Para xustificar a súa negativa, o deputado popular José González dixo que este persoal era eventual ata o ano 2011, o que non garantía a súa contratación dun ano a outro, e fixéronse fixos descontinuos, polo que "gañaron estabilidade laboral".


Con todo, González garantiu que van traballar "sempre para mellorar as súas condicións laborais", mentres asegura que desde setembro de 2016 estes traballadores poden optar a ocupar prazas vacantes e non vacantes sen penalización, "xa está permitido hoxe".


Tamén sostén que "o servizo funciona razoablemente ben", nun modelo que ten que "combinar" a cobertura do alto risco coa "flexibilidade" na contratación.


Pola súa banda, José Quiroga (PSdeG) lamenta que a figura de fixo descontinuo de tres meses está estendida na administración, e o caso destes traballadores é un "claro expoñente de situación laboral a superar", á vez que sinala que hai outros 500 fixos descontinuos na empresa pública Seaga. "Ningún de nós estaría de acordo con traballar tres miserables meses ao ano", sinalou así mesmo Xosé Luís Rivas, 'Mini' (BNG).

relacionada Galicia non está equipada para a desestacionalización do lume

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE