A Xunta saca a licitación o aluguer de 57 vehículos para as brigadas antiincendios

|

Furgoncolaincendios


A Consellería do Medio Rural saca a licitación a contratación por procedemento aberto do aluguer de 57 vehículos destinados para o persoal das brigadas antiincendios, que se distribuirán polos distintos distritos de Galicia.


O orzamento desta contratación, publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia, ascende a 246.471 euros. O proceso de contratación, que é aberto, será de tramitación ordinaria e os interesados terán un prazo de 15 días naturais a partir do xoves para presentar as súas ofertas.


Así mesmo, o departamento autonómico sinala que os traballadores fixos descontinuos de nove meses incorporáronse ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais o pasado 1 de marzo, como vén sendo habitual antes da chegada da primavera, para reforzar os traballos de prevención e extinción.


En total ascenden a máis de 600 bombeiros forestais que seguirán en activo ata o 30 de novembro, entre os que se inclúen xefes de brigada, peóns, condutores, oficiais de defensa, ou condutores de motobomba, entre outros.

relacionada Os traballadores anti incendios fixos descontinuos reincorpóranse a partir do 1 de marzo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress