Manifestación para poñerlle freo ao eucalitpto e defender un monte público
Este domingo, 22 de abril, unha das organizacións de comunidades de montes que hai en Galicia, a ORGACCMM, convoca unha manifestación para reclamar unha nova política forestal. Chega nun momento clave. A Xunta está a tramitar o novo plan forestal que, a pesar de recoñecer que o eucalipto é un dos factores detrás dos continuos incendios, prevé polo menos ata 25.000 hectáreas máis desta especie e como máximo 50.000 hectáreas máis.
Este domingo, 22 de abril, unha de as organizacións de comunidades de montes que hai en Galicia, a ORGACCMM, convoca unha manifestación para reclamar unha nova política forestal. Chega nun momento clave. A Xunta está a tramitar o novo plan forestal que, a pesar de recoñecer que o eucalipto é un dos factores detrás dos continuos incendios, prevé polo menos ata 25.000 hectáreas máis desta especie e como máximo 50.000 hectáreas máis.
Incendio nun eucaliptal <br>
A convocatoria tamén busca, en palabras dos promotores, defender a titularidade veciñal dos montes veciñais."O Partido Popular, a través da Xunta, quere roubar o monte veciñal ás Comunidades de Montes", alertan desde ORGACCMMM pois "a Consellería do Medio Rural convértese en xuíz e parte para declarar un monte veciñal en estado de abandono ou degradación, e para posteriormente agasallarllo ás empresas privadas da madeira, de minaríaa e da enerxía por 50 anos, sen posibilidade de que os veciños e veciñas poidan recuperar os seus montes".
Os convocantes reclaman ademais dun plan forestal que "atenda á diversidade de funcións dos montes galegos, non só aos intereses de Ence e das empresas da enerxía". O certo é que o Plan tamén prevé unha importante expansión das hectáreas de carballo e castiñeiro, pero segue apostando polo monocultivo de eucalipto en grandes superficies, a pesar de recoñecer que esta árbore ocupa xa moito máis espazo do inicialmente previsto no anterior Plan.
A manifestación está apoyada por FRUGA, CIG, SLG, ADEGA, ATRIFOGA, APDR e pola rede Cousa de Raíces. A marcha terá lugar o vindeiro domingo 22 de Abril de 2018, as 12,00 horas en Santiago de Compostela, con saída desde a Estación de Renfe.
Escribe o teu comentario